Categorías: Actualidade

Retrasos de 2 e ata 4 meses nos TACs de Oncoloxía do Hospital de Ourense

A deputada socialista Noela Blanco denunciou hoxe no Parlamento retrasos xeneralizados de 2 meses para a realización de TACs de pacientes oncolóxicos do CHUOU, con casos que acadan os 4 meses. Blanco presentou unha pregunta oral na Comisión de Sanidade celebrada hoxe, na que presentou as reclamacións presentadas a través da Asociación Española Contra o Cancro e mesmo polo informe da Valedora do Pobo de 2017.

Blanco cifra en 150 as reclamacións por retrasos, que nun 65 por cento superaban os dous meses con respecto ao indicado polo especialista ata que realmente se cita ao paciente. O ano 2018 xa acumula a lo menos 60 reclamacións, cunha media de espera de 43,67 días sobre o prazo indicado polo especialista oncolóxico, e a propia Xunta recoñeceu hoxe 73.600 reclamacións en 8 anos, 3 ao día por estes retrasos.

A parlamentaria socialista levou hoxe ao Parlamento este “clamor” por parte dos profesionais da sanidade pública que teñen que afrontar esta situación “horrorizados” polas implicacións e o risco que estes retrasos supoñen para pacientes de cancro. Cualificou de “inhumano” que a sanidade pública permita que uns pacientes aos que “lles vai a vida” con estes retrasos teñan que enfrontarse a esta “incertidume e inseguridade”.

Lembrou que estes retrasos “deberan ser unha excepcionalidade para casos concretos, pero tense consolidado como unha práctica habitual”, logo de que a Xerencia do CHUOU se comprometera a recibir as reclamacións. A avalancha de casos fai que o hospital funcione como “un embudo” e obriga aos pacientes a “reclamar para que os atendan”.

Os socialistas galegos esixíronlle ao goberno galego que “tome as medidas precisas para reforzar os recursos humanos e materiais e reduza a lista de agarda para realizar TACs no Hospital de Ourense”, e “garantan que ningunha persoa exceda os tempos de espera recomendados”. Tamén reclamou a publicación trimestral da lista de agarda dos TACs de pacientes oncolóxicos do CHUOU.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18