Categorías: Actualidade

O Goberno galego debe presentar un calendario para a mellora de condicións do emprego público

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, reclamoulle hoxe á Xunta que explique canto antes o calendario de aplicación do II Acordo para a mellora do emprego público no sector público autonómico. Este acordo foi asinado polo ministro de Facenda e Función Pública cos sindicatos o pasado 8 de marzo e cumpre comezar coa aplicación a nivel autonómico.

Díaz Villoslada reclamoulle hoxe ao goberno galego que aplique no ano 2018 a recuperación do cen por cen das retribucións que foran reducidas aos traballadores públicos, tal e como permite o acordo, e que o goberno galego pretende adiar a 2019. Lembrou que así o pediu o Parlamento a través dunha moción do Grupo Socialista aprobada o pasado 8 de maio.

Ademais, urxiu a realizar avances no conflito que o goberno galego mantén aberto cos axentes medioambientais e forestais, que “non pode seguir aberto”, dixo. O responsable socialista puntualizou que logo de 3 anos de recuperación macroeconómica xa é tempo de recuperar as devaluacións das condicións dos empregados “máis alá das obrigas”, para que perciban unha mellora que “debe ir a maior ritmo do establecido”.

O parlamentario socialista reclamoulle hoxe ao goberno galego que especifique “calendarios” para a aplicación normativa duns procesos de recuperación xa anunciados pero dos que “aínda non sabemos nada”. Apuntou que os traballadores teñen dereito a coñecer e analizar as propostas da Xunta en asuntos nucleares e coñecer os obxectivos prioritarios aos que se van destinar os fondos adicionais.

Reclamoulle á Xunta que especifique “cales son os sectores prioritarios para incrementar as taxas de reposición de efectivos” dentro do sector público. Lembrou que o acordo recolle a recuperación paulatina das condicións económicas, o incremento da Oferta de Emprego Público de 2018 e novos compromisos en materia de estabilidade laboral, xornada de traballo, conciliación, condicións para casos de incapacidade temporal, plans de igualdade, necesidades formativas e xubilación parcial.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24