Categorías: Actualidade

O PSdeG pedirá unha Comisión de Investigación sobre os recortes de Feijóo na sanidade pública e os seus efectos sobre a cidadanía

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, avanzou este xoves que os socialistas reclamarán en sé parlamentaria a apertura dunha comisión de investigación sobre os recortes acometidos por Feijóo no sistema sanitario público e os efectos que estes teñen na cidadanía.

“Hai que investigar e aclarar os efectos da política de recortes do PP de Feijóo sobre a calidade asistencial, a carteira de servizos e a atención á cidadanía, especificamente no caso do falecemento dun home no PAC da Estrada sen asistencia médica”, declarou aos medios Gonzalo Caballero, partidario de que este órgano sirva para “asignar responsabilidades pola política de deterioro da sanidade pública” que caracteriza á Xunta de Feijóo.

E é que, a xuízo do líder dos socialistas galegos, “a senda de privatizacións, recortes, deterioro da calidade dos servizos sanitarios e precarización do emprego no sistema público” emprendida pola dereita “é moi grave” e supón “un dano” para a cidadanía.

O máximo expoñente desta situación viviuse o pasado mes de agosto no PAC da Estrada, onde un doente faleceu sen recibir atención, pois o único médico do centro estaba atendendo unha urxencia fóra das instalacións. “Non é de recibo que un enfermo acuda a un PAC e non haxa ningún médico para atenderlle”, denunciou Gonzalo Caballero.

Ao fío disto, o secretario xeral do PSdeG reprobou as declaracións feitas polo presidente da Xunta na Cámara sobre este caso, amosando “falla de humanidade e de sensibilidade”. “Xogou cun caso moi grave”, advertiu, sen deixar de facer fincapé en que “a responsabilidade política” do acontecido “é do PP de Feijóo”.

Así mesmo, Gonzalo Caballero sinalou que os socialistas non lle van a permitir a Feijóo controlar a axenda política galega sen asumir as súas responsabilidades en asuntos de tanta gravidade.

SITUACIÓN DOS MEDIOS PÚBLICOS

En paralelo, o máximo líder dos socialistas galegos puxo o foco na necesidade de contar cuns medios públicos “garantes da independencia informativa”, de xeito que requiriu que “se desenvolva a lei” que xa está aprobada.

“Pedimos a Feijóo que estea á altura das circunstancias”, demandou Gonzalo Caballero, quen tamén esixiu que se frene “calquera intento de purga” ou “represalia” co persoal da CRTVG que está levando a cabo protestas pola manipulación dos medios públicos por parte da Xunta.

AXENDA DO PSdeG

Finalmente, avanzou aos xornalistas que a vindeira xuntanza da Comisión Executiva Nacional Galega terá lugar o sábado e que, nesta ocasión, celebrarase na sé en Lugo. Con esta, é a terceira vez que o órgano de dirección do partido se reúne fóra da sé autonómica.

A maiores, anticipou que os días 20 e 21 estará en Galicia a presidenta do PSOE a nivel federal, Cristina Narbona, quen participará en sendos actos en Ourense e Santiago.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04