O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe a creación da Escola de Formación Ceferino Díaz dentro desta organización política co obxectivo de “trasladarlle coñecemento, información e ideas” ao conxunto da militancia ás agrupacións socialistas”. Así o dixo logo da xuntanza da Executiva do PSdeG, celebrada hoxe en Compostela.
O líder dos socialistas galegos explicou que esta decisión, aprobada por asentemento da Comisión Executiva Nacional Galega reunida hoxe, busca “incentivar a formación e participación da militancia” socialista. Sinalou que a nova entidade terá o nome de “un dos socialistas de referencia, que demostrou sobradamente o seu compromiso co partido, co país e coa sociedade galega”.
Xestoras
O secretario xeral do PSdeG-PSOE anunciou tamén a decisión da Executiva de nomear dúas xestoras provinciais en A Coruña e Ourense destinadas a “xestionar os tempos políticos no proceso de celebración de primarias e congresual das provincias nas próximas semanas”. Os socialistas galegos xa teñen trasladado á Executiva Federal esta decisión “dentro da etapa de renovación dos órganos do partido”.
Sinalou que a nova Comisión Xestora de A Coruña estará presidida polo vicesecretario político e portavoz da CENG, Pablo Arangüena, mentres que no caso de Ourense estará presidida polo secretario de Emigración e alcalde de Petín, Miguel Bautista.
A reunión de hoxe da Executiva do PSdeG tamén analizou as conclusións da Comisión Executiva Federal celebrada en Alcalá de Henares este pasado sábado, e trasladoulle o respaldo á liña de acción marcada polo secretario xeral, Pedro Sánchez, sinaladamente sobre a cuestión catalana. Tamén expresaron o seu apoio á actuación do PSC e o seu secretario xeral, Miquel Iceta.
Comisión Xestora da provincia de A Coruña
Pablo Arangüena Fernández (presidente)
José Miñones Conde
Eva Martínez Acón
Catalina María García Blanco
Xabier Carro Garrote
Raquel Bolaño Fariñas
Rosario Valledor Puente
Comisión Xestora da provincia de Ourense
Miguel Bautista Carballo (presidente)
José Antonio Corral Áñlvarez
Concepción García Lozano
Pablo López Vidal
Elvira Lama Fernández