Categorías: Actualidade

Proposta paara evisar as peaxes competencia da Xunta

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, propuxo hoxe revisar a peaxes das autoestradas dependentes da Xunta de Galicia nas áreas metropolitanas de Vigo – Baiona e A Coruña – Carballo. Así o dixo na sesión de control ao presidente, na que lamentou o incumprimento do Plan Move de infraestruturas da Xunta e acusou a Feijóo de facer “as contas de Antoñita a Fantástica” nas comunicacións por estrada de Galicia.

O portavoz socialista propuxo a redución das peaxes nas autoestradas competencia da Xunta de Galicia logo de lembrar que o Plan Move sinalaba en 2010 que eran excesivas e disuasorias, cando a realidade é que preto de nove anos despois os usuarios pagan practicamente o mesmo. Lamentou que “estivemos dando a volta e dez anos despois levounos ao mesmo sitio no que estabamos en termos de peaxes”.

Fernández Leiceaga propuxo un acordo para que o goberno galego utilice a súa capacidade orzamentaria para establecer un recorte lineal do 20 por cento nas peaxes autonómicas, compatible coas bonificacións xa existentes, que entre en vigor en xaneiro, cumprindo co previsto en 2010, así como un estudo en 6 meses para homoxeneizar os pagos nas autoestradas galegas.

Este é o resultado do incumprimento dos compromisos do “plan estrela” para as infraestruturas por parte do goberno de Feijóo, que anunciaba prevía investir máis de 4 millóns de euros anuais para flexibilizar as peaxes, pero que na realidade en 2017 só investiron “medio millón de euros”.

O portavoz socialista criticou o incumprimento palmario das previsións do goberno galego no Plan Move mesmo logo do seu axuste de 2010, “cando xa levaban ano e medio no goberno e coñecían do impacto da crise económica”. Daquela, dixo, escolleron realizar un “mero reclamo publicitario” ao comprometer 2.600 millóns de euros en licitación de estradas entre 2011 e 2015, das que “en realidade só licitaron 425 millóns de euros entre 2011 e 2017”.

Advertiu que “no mellor dos casos, dez anos despois teñen executado entre un 25 e un 30 por cento do Plan Move”, incluídas as licitacións xa realizadas polo goberno presidido polo socialista Pérez Touriño. Aquel compromiso, lembrou, incluía ademais destinar a mantemento o 3 por cento do custe das infraestruturas galegas, o que suporía preto de 90 millóns de euros anuais, cando actualmente “destinan pouco máis de 30 millóns, un terzo do comprometido”.

Antoñita a Fantástica

O portavoz socialista acusou ao presidente da Xunta de facer “as contas de Antoñita a Fantástica” cos supostos investimentos deste plan de infraestruturas ou ao sinalar que o 80 por cento da cidadanía sitúase a 15 minutos dunha Vía de Alta Capacidade, e criticou que se teña “escudado na crise” para “contar unha falsidade” e xustificar o incumprimento do Plan Move.

Criticou que os orzamentos do próximo ano inclúan a redución dos investimentos en infraestruturas e propuxo “mobilizar tódolos recursos posibles para adiantar un ano a conclusión do Plan Move e gañar en mobilidade, calidade de vida e competitividade das empresas.

O portavoz socialista esixiulle ao presidente da Xunta que explique “por que prometeu que en 2015 se podería ir nunha Vía de Altas Prestacións –VAP- da Coruña a Cée, da Estrada a Santiago de Compostela, de Tui á Guardia, de Ferrol ao Barqueiro, ou de Nadela a Sarria nunha vía dobre.

Tamén prometeu que en 2017 habería conexión por VAP entre Ferrol e San Cibrao e entre Chantada e Lalín, e “hoxe estamos aínda moi lonxe”, así como “tampouco hai trazas” de que vaian cumprir co obxectivo de conectar no ano 2020 Santiago de a Costa da Morte, Vigo e Baiona ou A Estrada e Forcarei.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24