Categorías: Actualidade

O PP veta a nosa proposta para consensuar o novo plan forestal de Galicia

O portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, lamentou hoxe o veto do PP a unha moción socialista con ata 11 propostas para cambiar a xestión dos montes que foron rexeitadas en bloque polo PP. Acusou ao PP de intentar “despachar” esta iniciativa, que comezaba propoñendo consensuar o novo Plan Forestal cunha emenda emprazando á Comisión de Estudo sobre os incendios.

O responsable socialista alertou do “escepticismo de partida” que espertan os vetos do PP contra estas propostas cando “estamos nun momento delicado ante o que nos presentamos con espírito construtivo” que é respondido polo PP “intentando desviar o debate sobre algo tan importante e que preocupa tanto á sociedade galega”.

José Antonio Quiroga explicou que esta proposta incluía pedirlle á Xunta aprobar “con urxencia” o novo Plan Forestal de Galicia “e envialo para a súa tramitación no Parlamento de Galicia” incorporando “os criterios de explotación racional do monte, sustentabilidade e multifuncionalidade” e “superando os criterios meramente produtivistas.

Reclamaba ademais “converter aos núcleos rurais en zonas refuxio contra os lumes forestais” incrementando as franxas de protección das zonas arboradas a 100 metros, tal e como fixara o goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño e que foi reducido drasticamente por Feijóo.

Instou a “axilizar a aprobación do Pladiga e modificar o sistema de financiamento do persoal contratado para asegurar que os traballos de prevención poden ser efectuados antes do 30 de xuño de cada ano”. Tamén solicitaba reorganizar o dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais “para garantir a súa efectividade”, reducindo a contratación precaria destes traballadores.

Os socialistas lamentaron o veto á posta en marcha de programas de formación continua dos responsables de extinción de lumes forestais, así como unha campaña de prevención e control das queimas.

Tampouco quixeron aprobar calquera tipo de cambio das Sofor para “instrumentar os cambios nas políticas de agrupación de fincas forestais” ou dotar ao Banco de Terras “do sustento orzamentario e persoal necesario para que poida cumprir coas funcións encomendadas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06