Categorías: Actualidade

O PP permite que a familia Franco e a Igrexa Católica incumpran coa Lei de Patrimonio

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao PP por “permitir que a familia Franco e a Igrexa Católica incumpran coa Lei de Patrimonio”. A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei para que a Xunta garanta o acceso gratuíto ás catedrais que recibiron achegas de diñeiro público, que o PP anunciou que rexeitará na votación de mañá.

Burgo sinalou que tres das cinco catedrais de Galicia, as de Mondoñedo, Tui e Ourense, coran unha entrada para poder visitalas de entre 5 e 3 euros por persoa “coa escusa de ofertar unha audioguía ou visita guiada que en realidade son obrigatorias”. Lembrou que as tres son declaradas Bens de Interese Cultural e, polo tanto, teñen a obriga de abrir ao público a lo menos catro días ao mes, ao igual que o Pazo de Meirás.

Considera “inaceptable” que a Igrexa Católica estea cobrando entrada por bens que teñen recibido “considerables fondos públicos” -1,2 millóns en Mondoñedo, 1 en Ourense e algo menos de un millón de euros en Tui-, co que ademais “incumpren a Lei de Patrimonio”. Dixo que “os límites e as obrigas teñen que estar claras para a Igrexa e tamén para o resto da cidadanía”.

A responsable socialista amosouse “de acordo con que cobren polos servizos adicionais como audioguías, visitas guiadas, visitas ás cubertas, ou museos catedralicios”. Engadiu que “co que non podemos estar de acordo é con que para entrar no templo teñan que pagar entrada os mesmos cidadáns que están poñendo diñeiro público para rehabilitar os inmobles”.

En misa e repicando

Concepción Burgo apuntou ás exencións fiscais da Igrexa, que non paga o IBI ao tempo que percibe 250 millóns de euros anuais, ademais de “outro tipo de axudas e subvencións por parte de tódalas administracións”.

Advertiu que “cobran entradas e teñen recadado 106.000 euros nun ano no caso de Ourense”, polo que, subliñou, “se exercen unha actividade económica deben pagar impostos, porque non se pode estar en misa e repicando”.

Ademais, sinalou, as ditas catedrais perciben substanciosas contías para mantemento e rehabilitación, a pesares de que “sabemos canto aporta a Consellería, pero nos convenios ad hoc cos bispos non din en ningún caso canto aporta a Igrexa para realizar as obras necesarias”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18