Categorías: Actualidade

O PP condena aos concellos galegos ao raquitismo financeiro

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao PP de condenar aos concellos ao “raquitismo financeiro”. Así o dixo no debate da Proposición de Lei presentada polos socialistas galegos para blindar o financiamento local e suprimir o carácter finalista das axudas e subvencións da Xunta, que foi vetada polo PP.

A responsable socialista explicou que a proposta quere establecer un mínimo de financiamento co fondo base e os incrementos correspondentes segundo os incrementos nos ingresos da Xunta. Ademais, determinaría que as axudas e subvencións pasaran a formar parte do Fondo de Corporación Local, fixando as bases para modernizar a administración local e apoiar aos concellos galegos.

Criticou as políticas contrarias á autonomía económica, política e competencial dos concellos por parte dos gobernos do PP e das modificacións lexislativas que impulsaron dende o Estado. As súas políticas de austeridade, engadiu, agravaron a difícil situación desta administracións precisamente cando se viron obrigadas a suplir o papel do goberno que “abandonou ás persoas” no peor da crise.

Mentres, dixo, a Lei de racionalización e sostibilidade da Administración local incrementou o traballo administrativo de forma desproporcionada, entorpecen a labor política e consolidan un reparto de competencias “pouco racional”.

Rodríguez Rumbo levou ao Parlamento o documento da Fegamp presentado en 2016, que reclama consensuar a regulación por Lei da participación dos concellos nos ingresos da Comunidade Autónoma, establecer unha porcentaxe fixa de participación, ou incrementar a porcentaxe das partidas non finalistas.

Apoio ao municipalismo

Rodríguez Rumbo contrapuxo hoxe o apoio aos gobernos locais por parte de Feijóo, que lles detraeu 52 millóns de euros durante os seus gobernos. Estes pasaron de dispor de 120 millóns de euros con goberno de Emilio Pérez Touriño a 113 con Feijóo, 7 millóns menos cada ano a pesares de que o Estatuto de Autonomía determina que os ingresos locais se percibirán a través da Comunidade Autónoma.

Lembrou que foi precisamente aquel goberno presidido polo PSdeG o que asinou o Pacto Local que reasignaba as competencias entre a Xunta e a administración local en base ao principio de subsidiariedade, o respecto á autonomía local e a garantía de financiamento.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32