Categorías: Actualidade

A Xunta fai anuncios de I+D coma se fora crecepelo

O portavoz de Economía, Industria e i+d+I do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe que o goberno galego sexa “capaz de vender crecepelo” ao falar do gasto en innovación. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Industria no Parlamento para dar conta do Plan Galicia Innova 2020, que os socialistas consideran “unha mezcla do Mago de Oz e Alicia no País das Marabillas”.

Losada reclamoulle “prudencia” ao goberno galego e criticou os anuncios “irreais” de esforzo en I+D, que lembrou que foi á baixa dende a chegada de Feijóo, pasando do 1,02 por cento no goberno de Touriño ao 0,87 actual. Considera un “brinde ao sol de absoluto calibre” que comezaran dunha previsión do 2 por cento do PIB que despois “tiveron que rebaixar” ata o 1,7, que resulta “imposible” co investimento previsto.

O deputado socialista advertiu ademais que o goberno galego “estase tirando da moto” cando fala dun investimento de 500 millóns de euros en innovación por parte das empresas cando “se trata da suma do investimento público e privado”. Ademais, acusou á Xunta de impulsar a compra pública innovadora ata o punto de absorber o 40 por cento de todo o Estado para “bascular a favor do ámbito privado”.

Viaxe a Israel

Abel Losada reclamoulle ao conselleiro que “deixen de tomarlle o pelo aos cidadáns, e ironizou coa recente viaxe a Israel do presidente da Xunta, no que visitaron unha plataforma de investimentos que recada fondos para start-ups israelitas. Preguntoulle “que investidores galegos e que sectores estaban incluídos entre as start-up de Israel”, un país no que, lembrou, invisten o 4,1 por cento en I+D+i.

Fixo un relatorio dos “enganos” do goberno galego nas previsións dos plans estratéxicos e os programas de innovación, como o caso do I2C, no que “presumiron de gastar 300 millóns de euros entre 2011 e 2016, pero esqueceron que deixaran 120 sen executar”. Apuntou tamén o Programa Oportunius, que conseguiu “tan só 2 investigadores retornados” a Galicia.

Losada acusou ao PP de impoñer un modelo de crecemento económico “low cost para os traballadores”, xa que de acordo co informe da Fundación BBVA, que sinala que o crecemento económico de Galicia compaxínase co crecemento do emprego “menos da metade que no conxunto do Estado”. Advertiu que os salarios “perden peso” no PIB de Galicia “con e sen innovación”, e sinalou que “se o crecemento non vai aos salarios, dende logo vai aos beneficios empresariais”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18