Categorías: Actualidade

Patricia Otero esíxelle á Xunta que repoña as dúas baixas de Cardioloxía no Hospital da Costa

A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiulle hoxe á Xunta que “poñan toda a carne no asador, busquen e cubran” as dúas baixas do Servizo de Cardioloxía do Hospital da Costa, limitado na actualidade a un único médico que só pode atender as urxencias. Otero presentou unha pregunta na Comisión de Sanidade do Parlamento na que denunciou o “abandono e desmantelamento” dos servizos no Hospital de Burela.

Otero replicoulle ao xerente do Sergas que “dicir que a atención está garantida e as prazas ocupadas é fallarlle aos veciños e veciñas da Mariña”. Fronte á versión oficial, a responsable socialista lembrou que no setembro pasado os tres médicos de Cardioloxía reducíronse a dous pola excedencia dun deles, e de novo en xaneiro a segunda cardióloga tiña que tomar unha baixa, sen que o Sergas cubrira as vacantes en ningún momento.

Actualmente o servizo está sen cubrir, cun único profesional médico para atender a unha poboación de máis de 70.000 habitantes. A responsable socialista lembra que “hai moitísimo tempo” que as esperas se prolongan ata os dous anos, o que evidencia a urxencia da cobertura do servizo “cando menos con 2 profesionais máis, e incluso é necesario incrementalo”.

Criticou que a Xunta fale de “cubrir o servizo trasladando profesionais doutro Hospital”, o que é “desvestir un santo para vestir a outro” cando é “obriga da Xunta anticiparse, ter previsión e non chegar tarde, mal e arrastro como estamos acostumados”. Lamentou que o goberno galego demostre “descoñecer a realidade dos feitos e darlle moi pouca importancia a estes servizos, sen recoñecer que a detección temperá de problemas cardíacos é prioritaria”.

Desmantelamento

Esta situación crítica, dixo, é un síntoma máis do “abandono e desmantelamento” da sanidade da Mariña por parte da Xunta a partires da supresión da Área Sanitaria, convertendo o Hospital da Costa nunha “sucursal” do Hula. A pesares da ampliación física do Hospital, este ven perdendo servizos constantemente e a lista de desagravios á sanidade da Mariña aumenta mes a mes.

Este centro vén de perder así servizos como Cirurxía Pediátrica, mentres Oncoloxía limítase á visita dos profesionais do Hula só en horario de mañá. Lamentou que no xa non se cambian nin axustan os marcapasos, e tampouco realiza intervencións de cataratas, fimosis, varices, intervencións de otorrino e larinxe ou partos de risco, co que obrigan aos pacientes a desprazarse ata a capital da provincia.

A perda da Área Sanitaria, continúa, xerou o “deterioro progresivo” da atención Primaria en toda a comarca, con problemas para atención pediátrica en Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros ou Xove, con prazas descubertas en centros como os de Foz e Burela, ou a perda do segundo técnico da ambulancia medicalizada con base en Foz.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20