Categorías: ActualidadeNovasPortada

Patricia Otero demándalle á Xunta campañas e medidas de apoio económico e financeiro para as lonxas e peixerías de proximidade co fin de paliar as consecuencias da crise da covid na súa actividade

A voceira de Pesca do Grupo Socialista espera que este tipo de medidas se contemplen nos orzamentos autonómicos para 2022 e lamenta que boa parte dos fondos contemplados para este ano quedasen sen executar

Patricia Otero reclamoulle hoxe á Xunta de Galicia que adopte medidas de apoio ás lonxas e peixerías de proximidade que están a sufrir as consecuencias económicas das restricións derivadas da covid na súa actividade.

A deputada socialista recolle deste xeito as propostas trasladadas polo propio sector, que -ademais de respaldo económico e financeiro- tamén demanda que se activen campañas para incentivar o consumo local, para fomentar a compra en peixerías de proximidade e para apoiar aos comerciantes minoristas que venden este tipo de produtos.

Nesta liña, a parlamentaria socialista lembrou que o sector da pesca -que non é alleo ao resto de sectores produtivos e económicos- “está a sufrir fortemente as consecuencias económicas desta pandemia”, sobre todo as derivadas dos distintos peches e limitacións que está a vivir a hostalería e “que afectan directamente a gran parte do sector pesqueiro e, sobre todo, marisqueiro”. E iso malia que durante a pandemia o sector da pesca foi declarado como sector esencial, co cal continuou traballando “para que que non faltase un alimento esencial na nosa dieta”.

Con todo, Patricia Otero incidiu en que “a situación que estamos a atravesar nesta crise sanitaria e tamén económica incide negativamente no consumo de determinados produtos procedentes da pesca e o marisqueo”. Así, a deputada do PSdEG alertou de que “os datos de facturación neste sector caeron drasticamente no ano 2020”.

Neste contexto, a voceira de Pesca do Grupo Socialista expresou o seu desexo de que nos orzamentos da Xunta para 2022 se contemplen partidas para este tipo de campañas. En calquera caso, advertiu de que “de nada vale que nas contas estean contempladas diferentes cantidades para o sector cando o nivel de execución é moi baixo”, tal e como está a suceder ao longo deste ano.

Ademais, Patricia Otero confrontou esta situación coa “aposta decidida” do goberno central. Nesta liña, subliñou que o orzamento de Pesca para 2022 por parte do Ministerio é de 72,8 millóns de euros, que son 11,2 millóns máis que en 2021. A esta cantidade hai que engadirlle os fondos de recuperación, transformación e resiliencia ata chegar a un total de 130,3 millóns de euros, o que supón 57 por cento máis que este ano.

A maiores, Patricia Otero lembrou que “o sector tamén pide medidas para paliar ou minimizar os impactos da pandemia da covid-19 na pesca artesanal e o marisqueo”.

Como exemplo desta situación, a deputada do PSdeG fixo fincapé en que, dende que o Grupo Socialista rexistrou esta proposta ata día de hoxe, os buques pesqueiros censados en Galicia baixaron de 4.312 a 4.270. Destes, os buques dedicados ás artes menores pasaron de 3.837 a 3.798 e os de cerco e pasaron de 152 a 149. A maiores, o número de profesionais directos dedicados ao marisqueo a pé rolda as 3.800 persoas, maioritariamente mulleres.

“Estas cifras”, indicou Patricia Otero, amosan o peso que o sector pesqueiro artesanal e o marisqueiro ten no sector pesqueiro de Galicia” pero tamén evidencian “o impacto que a crise da covid está tendo no sector”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57