Categorías: Actualidade

O PP rexeita no Parlamento a nosa iniciativa para reclamarlle á Xunta o mesmo trato aos concellos “independentemente da cor do seu goberno”

O parlamentario socialista Martín Seco denunciou hoxe o voto en contra do PP no Parlamento a unha proposición non de Lei do PSdeG para reclamarlle á Xunta “tratar a tódolos concellos do mesmo xeito, independentemente da cor política que goberne o municipio”. O PP pediu votar por separado unha iniciativa socialista que incluía ademais a mellora da seguridade nos portos de Malpica e Barizo, apartado que si foi aprobado.

Seco sinalou que o PP “retrátase” ao negarse a reclamar un trato equitativo dos concellos galegos, e evidencia que “a Xunta de Galicia responde ás necesidades da cidadanía segundo a cor de quen goberne os concellos, cunha falta absoluta de respecto pola democracia e a cidadanía galegas”. A iniciativa foi presentada a raíz do desinterese demostrado polo goberno galego para a mellora da seguridade dos portos de Malpica e Barizo dende o falecemento dun mariñeiro hai tres anos.

O responsable socialista reclamoulle hoxe á Xunta que desbloquee a actuación, e “executen cando antes as obras de mellora da seguridade nos portos de Malpica e Barizo”, que desatenderon durante o goberno do socialista Walter Pardo.

Lembra o abandono do Executivo autonómico deste concello, que posúe o “maior porto pesqueiro de baixura da Costa da Morte”. Sinala que as relacións co goberno galego “nunca estiveron rotas, simplemente desatendidas” polo executivo autonómico, que fixo “ouvidos xordos ás súas necesidades”.

Un concello, dixo, que afronta unha nova etapa logo da moción de censura contra o alcalde socialista impulsada a través do “pacto da vergoña” entre Eduardo Parga e Alfredo Cañizo, que teñen selado unha relación de “conveniencia por uns intereses ocultos e opacos”. Alertou da reedición das “rifas lamentables para os veciños” entre estes dous persoeiros, que remataron en trifulcas nos tribunais e sentenzas por ameazas.

Visita ao Concello

Seco, que onte realizou unha visita ao porto deste Concello xunto co portavoz socialista, Walter Pardo, lembra que “seguimos agardando polas actuacións prometidas pola Xunta” hai agora 3 anos, cando a situación do porto derivou no falecemento do patrón da embarcación “Silvosa”. Apunta que malia aos “estudos, medicións, sistemas de análise das correntes” anunciados pola Xunta “seguimos esperando a que se faga algo”.

Apunta á perigosidade do acceso á dársena do porto de Malpica, que continúa a rexistrar accidentes e danos na dársena, nas embarcacións e nos propios mariñeiros, e lembra que o concello leva anos reclamando a ampliación do dique de abrigo do porto. Esta medida “podería ser unha solución a estudar para problemas do porto exterior e para unha aposta por un porto que pode ter máis actividade”.

Sinalou que “tamén hai que abordar con premura o remate do apuntalamento do tramo da dársena para o acceso de camións que asegure un tráfico pesado que pode traer algunha desgraza polo seu estado actual”. Lembra ademais que “hai tempo que o Concello pide insistentemente a reparación da grúa do porto de Barizo e o arranxo da rampa de acceso a aquel porto”, abandonado dende a última intervención feita polo goberno de Touriño, hai 12 anos.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao goberno galego a levar a cabo con premura os investimentos necesarios na dársena do porto de Malpica e Barizo e no dique de abrigo, ademais do apuntalamento do tramo de acceso da dársena para vehículos pesados”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18