Categorías: Actualidade

Pasividade da Xunta fronte á adicción ao xogo

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou hoxe a “pasividade” amosada polo goberno galego de cara á prevención das condutas aditivas relacionadas co xogo. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión, na que alertou da falla de regulación para afrontar este problema, cunha Lei galega caduca que foi aprobada en 1985.

O responsable socialista censurou a falla de información do goberno galego de cara á elaboración da nova Lei do Xogo de Galicia, e sinalou que “non dubidamos da boa intención pero si do feito ata agora”. Criticou a “inconcreción e falla de compromiso” amosados polo goberno galego e reclamoulles que “se manteñan firmes nas cuestións pedagóxicas e preventivas” na nosa normativa.

Alertou das enormes presións e intereses que rodean á nova Lei do Xogo ás que o goberno galego ofrece unha resposta “demasiado liviana, apenas con brindes ao sol que non se concretan en nada”. Censurou a falla de resposta aos problemas de saúde pública derivados das condutas aditivas, “froito do retraso na lexislación ou da súa non aplicación”.

Neste sentido, explicou que mentres en Galicia seguen sen concretar a futura Lei do Xogo, a nivel estatal, cunha Lei elaborada polo goberno Zapatero e aprobada en 2011, que resulta “razoablemente boa, malia que necesita actualizarse”, o goberno de Rajoy respondeu freando o seu desenvolvemento lexislativo.

Adicción

Torrado presentou os datos dos estudos elaborados pola Universidade de Santiago de Compostela, que apuntan a que os menores que participan do xogo online multiplicáronse por 5 nos últimos 7 anos, e aumentaron un 33 por cento tan só entre 2016 e 2017. Advertiu que “onde antes xogaban tres, agora xogan catro, e achegámonos a un perigoso 10 por cento de menores de idade que xa practicaron este tipo de actividades”.

Advertiu que a falla de lexislación provoca que o xogo presentación “tamén sexa preocupante, facendo Galicia unha das comunidades autónomas con maior facilidade de acceso ao xogo”. Explicou graficamente que “non é posible garantir que neste mesmo momento non haxa un menor xogando en Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06