Categorías: Actualidade

A Valedora debe dimitir polo “dano irreparable” á institución

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Peticións do Parlamento, Patricia Vilán, reclamou hoxe a dimisión da Valedora do Pobo polo “dano irreparable” ocasionado á institución. Así o dixo logo da sentenza do TSXG, que obriga a revocar o nomeamento dun alto cargo da institución, que ademais é irmá do portavoz do PP, por incorrer en desvío de poder e arbitrariedade.

Así o dixo na comparecencia da Valedora do Pobo en Comisión Parlamentaria para dar conta da súa actuación naquel proceso antes de que a mesma Comisión debatera a proposta do seu cese e antes da votación da mesma, que terá lugar o próximo martes no Pleno do Parlamento.

Vilán acusou á Valedora de danar a liña de flotación da institución, concibida precisamente para defender os dereitos e liberdades dos cidadáns fronte ás administracións e, subliñou, “iso precisamente foi o que fallou”. Advertiu que “á xente resúltalle difícil confiar nunha institución na que o que fallou foi a transparencia” ao interferir no proceso de nomeamento.

Os socialistas galegos mantiveron hoxe a petición de cese da Valedora para asumir as responsabilidades políticas logo dunha sentenza xudicial “moi dura” que enfronta á institución a unha situación inédita no Estado. Subliñou que “se trata dunha sentenza en contra por primeira vez nunha Comunidade Autónoma do Estado”.

Sinalou que, logo da comparecencia da Valedora, evidenciou que “non estamos a falar de erros humanos, de problemas ou incidencias”, senón do “incumprimento das obriga do cargo de Valedor que afecta ao cerne da institución”.

Falla de respecto

A responsable socialista criticou ademais a “falla de respecto” da Valedora polo tribunal que acreditou esta irregularidade e anular o nomeamento por “fragrante vulneración do procedemento, desvío de poder e arbitrariedade”. Preguntoulle ademais neste sentido “se non está de acordo coa sentenza, por que cesou á alto cargo” acatándoa e antes de presentar recurso.

Neste sentido, criticou que a responsable da Oficina do Valedor sinalara nun medio de comunicación que se aferrará ao cargo a pesares desta sentenza acreditando que “el pueblo gallego me conoce y tendrá que valorar lo que he hecho”. Lembroulle que a cidadanía está representada no Parlamento e subliñou que “aquí non hai un Aló Valedora para poñerse en directo cos cidadáns” en alusión ao programa da televisión venezolana.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08