Categorías: Actualidade

Paloma Castro alerta sobre o “grave déficit” de socorristas en Galicia “provocado polos regulamentos do sector que impón a Xunta”

Critica o borrador do goberno galego do novo regulamento que “vén endurecer aínda máis o acceso á categoría de socorrista”, o que incrementará o déficit existente

A vicevoceira do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de alertar sobre o grave déficit de socorristas en Galicia “provocado polos regulamentos do sector que impón a Xunta”. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Administración Xeral do Parlamento a través da presentación dunha pregunta ao goberno.

“A necesidade de mellora do decreto que regula o sector quedou en evidencia”, sinalou a responsable socialista, logo da “redución progresiva de socorristas” que existe na actualidade, xa que no ano 2012 para 40 prazas ofertadas por parte da Xunta había 400 aspirantes, pero no ano 2020, para 40 prazas “houbo tan só 30 aspirantes”.

Isto, sinalou, “está a ocasionar moitos problemas na temporada de verán, xa que moitas praias quedan sen cubrir”, o que supón “un risco para a seguridade dos bañistas”, ao que se suma “a imposibilidade de izar a bandeira azul” en moitas praias, así como “o gran malestar” dos concellos afectados ao non poder garantir este servizo.

Castro subliñou que “é o momento do diálogo”, polo que instou ao goberno galego a consensuar a regulación con federacións, asociacións e axentes implicados no sector “co fin de acadar a mellor normativa posible” que fortaleza ao sector e outorgue “garantías e seguridade” aos galegos e galegas.

Por todo isto, destacou, o novo decreto “é unha oportunidade para dar un xiro á tendencia que dirixe ao sector cara a desaparición”, a través da consolidación de dereitos destes traballadores, da mellora de salarios e do aumento das temporadas de traballo.

Así, lamentou a “precariedade” que vive o sector cando “existen enormes requisitos por parte da Xunta para ser socorrista”, pero “ao final economicamente traballar dous meses cos salarios que cobran non compensa” e cando “cada vez as temporadas son máis curtas”.

O PERSOAL AUXILIAR DE APOIO DA XUNTA, UN “SECRETARIO” DO SOCORRISTA

En canto ao borrador actual do novo regulamento realizado pola Xunta, a responsable socialista censurou que o novo borrador “non está en sintonía co desexado”, xa que “vén a endurecer aínda máis o acceso á categoría de socorrista, o que vai ter como consecuencia que se incremente o déficit existente”.

“A maiores, a Xunta crea unha figura chamada persoal auxiliar de apoio, que ten unicamente funcións de secretario de socorrista sen que poida asistir aos bañistas”, aseverou a Castro, ao coñecer que esta figura só pode “informar” e “avisar de urxencias”, o cal “non é a solución”.

“Non se pode, por un lado, ser tan estrito para os requisitos de socorrista e, por outro, crear unha figura que non ten utilidade práctica ningunha, xa que en caso de accidente con varios feridos non está autorizado nin para botar unha man”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18