Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez cuestiona a “eficacia e eficiencia” da fusión de concellos promovida pola Xunta: “Os fusionados dispoñen dun sobrefinanciamento e o resto teñen falla de recursos para poder ofrecer servizos á cidadanía”

Critica os “convenios a dedo” que asina a Xunta con concellos gobernados polo Partido Popular

A deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo vén de cuestionar a “eficacia e eficiencia” da fusión de concellos promovida pola Xunta, xa que “os fusionados dispoñen dun sobrefinanciamento e o resto teñen falla de recursos para poder ofrecer mellores servizos á cidadanía”. Fíxoo, hoxe, en Comisión de Administración Xeral no Parlamento a través dunha pregunta ao goberno galego.

Rodríguez Rumbo lamentou que “para reforzar a medida estrela do presidente Feijóo” da fusión dos concellos, nos orzamentos da Xunta dende 2016 a 2021, “achegáronse recursos aos concellos fusionados por case 11,5 millóns de euros, fronte á conxelación do Fondo de Cooperación Local para os demais municipios galegos” que reciben 113 millóns de euros, “fondo no que, por certo, tamén entran os dous concellos fusionados” e cuxa contía “non se incrementou nin un euro en 11 anos”.

“Amais, a estes 11,5 millóns de euros que aparecen nominalmente nos orzamentos da Xunta, hai que sumarlle a cantidade de convenios subscritos con estes dous concellos con practicamente todas as consellerías do goberno galego, así como da maior puntuación de partida en todas as convocatorias de subvencións do goberno autonómico”, sentenciou.

Por todo isto, a socialista recordou que malia que “o Grupo Socialista non está en contra das fusións”, si o está “de determinadas formas de facelas”. “A fusión de municipios non é a solución a todos os problemas”, sentenciou.

Nesta liña, a responsable socialista cuestionou a consecución de obxectivos desta política da Xunta, xa que o “pretendido descenso demográfico” nos concellos fusionados ata o de agora non foi tal. De feito, lamentou que Oza-Cesuras “está a piques de baixar dos 5.000 habitantes”, xa que 7 anos despois da fusión, a poboación caeu en 239 habitantes e, no caso de Cerdedo-Cotobade, “a situación é similar” cando catro anos despois da fusión, dispón de 374 habitantes menos.

Finalmente, a deputada socialista criticou os “convenios a dedo” que asina a Xunta de Galicia con concellos gobernados polo Partido Popular en detrimento das axudas que poidan recibir outros municipios gobernados por outros partidos de distinta cor política.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18