Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reúnese con Miñones: “Traballaremos con coordinación total entre a delegación e a Dirección do PSdeG para defender os intereses das galegas e galegos”

O secretario xeral destaca o traballo de Javier Losada, “un magnífico delegado ao que lle recoñece o seu traballo”, e destaca que Miñones será “un gran sucesor”

O novo delegado do goberno, José Miñones, destaca “a boa relación” co líder do PSdeG e compromete “dedicación á delegación e lealdade”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reuniuse esta tarde co novo delegado do goberno en Galicia, José Miñones, para abordar a axenda de traballo para Galicia.

“Imos traballar con coordinación total entre a delegación do goberno en Galicia e a dirección do PSdeG para defender os intereses das galegas e galegos, como se fixo ao longo dos últimos anos”, destacou o máximo dirixente do PSdeG.

Así, o secretario xeral dos socialistas galegos incidiu en que nos atopamos nun momento no que o goberno de España “ten moitas tarefas que facer en Galicia”, por iso “temos que seguir traballando nas políticas públicas que priorizan o social, nas que atenden a axenda de infraestruturas en Galicia ou as que abordan as necesidades industriais e de transición ecolóxica”.

Nesta liña, puxo en valor a “cogobernanza” e o “diálogo” entre todas as administracións en España, en Galicia e nos concellos para “poñer a axenda galega enriba da mesa do Consello de Ministros”.

“José Miñones é un bo amigo, compañeiro e membro da Comisión Executiva Nacional Galega, con quen teño unha relación cordial e fluída”, resaltou. Así, agradeceu a quen foi ata onte alcalde de Ames o seu “bo traballo na alcaldía e tamén no partido”, ademais da súa “lealdade sempre”, polo que asegurou que será “un magnífico” delegado do goberno.

O máximo dirixente dos socialistas galegos quitou importancia aos “rumores típicos deste tipo de procesos” e subliñou que “os socialistas estamos traballando dende as nosas responsabilidades ante a crise de maior envergadura”. “A cidadanía non entendería” outra prioridade que non sexa defender á xente ante esta situación, recalcou.

JAVIER LOSADA, “UN MAGNÍFICO DELEGADO”

“Javier Losada foi un magnífico delegado”, sinalou o máximo dirixente dos socialistas galegos, quen quixo agradecerlle o traballo feito “poñéndolle voz aos intereses das galegas e galegos” e tamén ao goberno en Galicia.

“Estou seguro que o magnífico traballo feito por Javier Losada terá en Miñones o seu mellor sucesor”, sentenciou.

JOSÉ MIÑONES

Pola súa banda, o novo delegado do goberno en Galicia, José Miñones, agradeceu ao líder dos socialistas galegos o seu apoio. “Estou na executiva do PSdeG grazas a Gonzalo, que confiou en min”, aseverou, logo de transmitirlle a súa “lealdade” e de comprometer “dedicación” ao novo cargo.

“Tratarei de facelo o mellor posible cos retos que hai sobre a mesa”, destacou, ao tempo que subliñou que “é un momento agridoce” polo cambio de etapa, logo de 11 anos no Concello de Ames, os seis últimos como alcalde.

Miñones sinalou que mañá acudirá xa a Delegación do Goberno para revisar os asuntos e empezar a abordar as tarefas propias do seu novo cargo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04