Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena pregúntalle á Xunta “se queren competir con Vox en autoritarismo” ao impoñer o pasaporte covid na hostalería sen autorización xudicial previa

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, preguntou hoxe se a Xunta “quere competir con Vox en autoritarismo” logo de obrigar á hostalería a esixir un certificado de vacinación durante 20 días sen ter recabado antes a obrigada autorización xudicial. Arangüena presentou unha pregunta oral na que denunciou que “lles dea igual restrinxir dereitos fundamentais sen respectar a legalidade”.

Arangüena explicou que a sentenza do Tribunal Supremo feita pública onte “non lles deu a razón” no canto a que “aplicaron unha medida restritiva de dereitos durante 20 días sen pedir autorización xudicial e xerando caos polo camiño”. Así o sinala a dita sentenza, dixo, na páxina 10, fundamento xurídico sexto, onde “sinala que vostedes tiñan que ter pedido autorización xudicial”.

O responsable socialista cualificou de “inaudito” que “unha administración pública como a Xunta infrinxa a legalidade desta forma sementando o caso polo camiño”. Advertiu que “temémonos que Feijóo estea tan preocupado pola propaganda que perde o rumbo nunha situación que esixe medidas sanitarias, pero tamén respecto ás leis e aos dereitos da cidadanía, porque sen lei non hai democracia”.

Desimplantar o implantado

Lembrou as acusacións de Feijóo sinalando “aquelo de que o estado de alarma xera alarma” pero, puntualizou, “quen xera alarma é o presidente da Xunta, quebrantando as leis sen despeitearse, e implantando medidas sen autorización xudicial, que logo ten que desimplantar sementando caos”. Advertiu que “alguén debera asumir responsabilidades, pero a Xunta nin sequera deu a máis mínima explicación para a súa ilegalidade”.

Engadiu que “se ao presidente da Xunta non lle gustan as leis, o que ten que facer é dedicarse a outra cousa, pero non pode decidir unilateralmente que restrinxe dereitos fundamentais sen autorización xudicial sementando o caos na hostalería, cando durante o confinamento criticaba precisamente a restrición de dereitos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33