Categorías: ActualidadeNovasPortada

Noa Díaz denuncia a falta de dilixencia, transparencia e coordinación da Xunta no vertido de xurro ao río Tambre

A deputada do PSdeG esixe que o goberno galego esclareza á maior brevidade posible o acontecido e que estableza mecanismos de control e transparencia máis efectivos

A deputada socialista Noa Díaz vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para que a Xunta aclare canto antes todos os aspectos relacionados co vertido de xurro ao río Tambre e que afectou á subministración de auga nos concellos de Santiago, Ames e Brión.

Con estas iniciativas, a parlamentaria compostelá pretende que se arroxe luz sobre un grave incidente no que se demostra, segundo os datos que se coñecen a día de hoxe, que a Xunta actuou cunha evidente falta de dilixencia e de transparencia. Ao mesmo tempo, Noa Díaz lamenta a carencia de coordinación que houbo cos concellos afectados dende o primeiro momento.

Para despexar as dúbidas que existen sobre a xestión neste caso, Noa Díaz reclama que a Xunta explique de maneira exacta as comunicacións e actuacións que se levaron a entre a tarde-noite do xoves 9 de setembro, cando Augas de Galicia coñece o problema da vertedura, e a tarde do sábado 11, na que os concellos teñen actuar rapidamente para paliar o desastre ambiental e de saúde pública.

Neste sentido, Noa Díaz lamenta que os municipios non fosen informados do problema ata dous días despois de producirse a vertedura e que, ademais, esa comunicación chegase a través do 112 e non directamente a través da Xunta de Galicia.

Así, a parlamentaria do PSdeG lembra que, na noite do 9 de setembro, Augas de Galicia é coñecedora a través do plan de control de verteduras de auga de que unha explotación gandeira do concello de Trazo está vertendo miles de litros de xurro ao río Porta Ferreiros, afluente do Tambre. Malia que as concesionarias empezaron tomar medidas pola súa conta ao advertiren a situación, non houbo ningún tipo de comunicación oficial sobre a incidencia ambiental por parte da Xunta de Galicia ata as 18:03 horas do sábado a través do 112.

Ante esta falta de información oficial por parte da Xunta de Galicia, Noa Díaz tamén pide que se expliquen as razóns de por que se tardou tanto tempo en actuar en coordinación cos concellos e que foi o que aconteceu durante o período en que non houbo contacto coas administracións locais.

Finalmente, a deputada socialista manifesta tamén a súa preocupación polas posibles consecuencias ambientais da vertedura. Nesta liña, insta ao goberno galego a aclarar aspectos como a cantidade de xurro que estima que se verteu ao río Tambre ou  se ten estudadas as posibles afeccións para o medio natural.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04