Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Pablo Arangüena denuncia que a Xunta leva case cen días incumprindo a súa obriga legal de esixirlle medidas ás eléctricas para impedir danos ambientais polo baleirado dos encoros

O vicevoceiro do PSdeG pregunta “se a coñecida amizade de Feijoo co presidente de Iberdrola está impedindo que o goberno galego adopte as medidas ás que lle obriga a lexislación vixente”

O vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, denunciou hoxe no Pleno da Cámara autonómica que a Xunta leva 95 días sen cumprir as medidas preventivas establecidas no regulamento de pesca fluvial de Galicia e que obrigan ao goberno galego a dicirlle ás empresas hidroeléctricas que medidas teñen que tomar para impedir danos no medio natural polo baleirado dos encoros.

No debate do Pleno do Parlamento, Arangüena instou á Xunta de Galicia a actuar dunha vez porque existen ata tres leis (a de pesca continental, a de patrimonio natural e a de protección ambiental) que determinan que o goberno galego debe “actuar de oficio se hai indicios de dano ambiental”.

Malia todo, o vicevoceiro socialista lamentou que o único que fixo a Xunta ata o de agora “foi culpar ao goberno central” ou “tardar 70 días en iniciar catro expedientes sancionadores polo ridículo importe de 25.000 euros a cada encoro”. E iso a pesar de que Feijoo chegou a dicir en rolda de prensa que se trataba de feitos “de enorme trascendencia ecolóxica que Galicia non se merece” e que “non vira unha cousa así nos 12 anos que levo de presidente”. Ao fío destas declaracións, Pablo Arangüena indicou que “se o señor Feijóo non actúa, prevarica” posto que, reiterou, “a lei obrígalle a tomar medidas”.

Neste contexto, Pablo Arangüena preguntou “se a coñecida amizade de Feijoo co presidente de Iberdrola está impedindo que o goberno galego adopte as medidas ás que lle obriga a lexislación vixente”. “Está o señor Feijóo prevaricando porque é amigo do señor Galán?” inquiriu antes de denunciar que, en calquera caso, a Xunta “está estafando á cidadanía”.

FEIJOO MENTÍU Á CIDADANÍA

Por outra banda, Pablo Arangüena tamén incidiu en que o presidente da Xunta “mentiu á cidadanía ao asegurar que non fora informado polas compañías do baleirado dos encoros”. Así, lembrou que, xusto un día despois de que Feijoo dixese que a Xunta non fóra informada, un medio de comunicación publicou dous correos de Iberdrola –datados os días 10 de xuño e 12 de xullo- que evidenciaban que o goberno galego si coñecía esa decisión.

Polo tanto, remarcou, “a Xunta tiña toda a información”. En primeiro lugar, porque Iberdrola remitiu comunicación; en segundo lugar, porque a Confederación Hidrográfica lle comunicou o baleirado ao 112, “que depende do señor Rueda”; en terceiro lugar, porque a Confederación Hidrográfica comunica cada semana o nivel dos seus embalses a Augas de Galicia; e en cuarto lugar, porque “teñen vostedes centos de axentes medioambientais entre cuxas competencias está a vixilancia dos cursos fluviais incluíndo os encoros”.

Sobre este asunto, ironizou co feito de que “parece ser que o primeiro axente que pisou un embalse fíxoo o 20 de agosto, que é a data que reflicten os expedientes sancionadores: 70 días despois da primeira comunicación de Iberdrola e da Confederación Hidrográfica”.

Neste escenario, Pablo Arangüena indicou que no tema dos encoros a análise das declaracións realizadas por Feijoo e pola conselleira de Medio Ambiente e a de Infraestruturas “demostra un nivel de falsidade, irresponsabilidade e escapismo impropio dun goberno democrático que opera nun estado de dereito”. O deputado socialista reiterou ademais que esta actitude “roza a prevaricación se non incorre directamente nela”.

Por último, tamén lamentou que a Xunta rebaixase este ano as sancións as eléctricas por baleirado de embalses dun máximo de 300.000 euros a un máximo de 25.000, “unha rebaixa do 92 por cento ao seu amigo, o presidente de Iberdrola”, sinalou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08