Categorías: ActualidadeParlamento de GaliciaPortadaSanidade

Pablo Arangüena insta ao conselleiro de Sanidade a explicar no Parlamento as “preocupantes” cifras de incidencia da covid entre a poboación máis nova

O vicevoceiro socialista denuncia o “cinismo e irresponsabilidade” de Feijoo ao para queixarse de falta de vacinas “no país que lidera a vacinación no mundo”

O Grupo Parlamentario Socialista considera que o conselleiro de Sanidade debe comparecer no Parlamento para explicar as “non alarmantes pero si preocupantes” cifras de incidencia da covid entre a poboación máis nova. Así o expresou o vicevoceiro socialista, Pablo Arangüena, durante a celebración da Deputación Permanente deste venres no Parlamento de Galicia

Arangüena lembrou que, segundo os datos publicados polo Ministerio de Sanidade, “Galicia xa é a segunda comunidade con máis incidencia pola Covid entre os 20 e os 29 anos”. Incidiu en que ademais está entre “as máis castigadas polo coronavirus na franxa que vai dos 12 e aos 19 e tamén se sitúa por enriba da media española na media xeral de todas as idades”.

A isto, o vicevoceiro socialista engadiu que “o sistema de rastrexo en Galicia, comparativamente, non está funcionando”, xa que Galicia é a terceira comunidade do Estado pola cola na detección da orixe dos contaxios (só por detrás de Baleares e Cataluña). “Os datos indican que o sistema de rastrexo en Galicia non funciona”, afirmou Arangüena, quen acusou a Feijoo de mentir varias veces no Parlamento sobre o número de rastrexadores “nun auténtico festival da desinformación case á altura da Rusia de Vladimir Putin”.

Hoxe”, remarcou, “seguimos sen saber nada do número de rastrexadores, cousa insólita nunha democracia”.

CINISMO E IRRESPONSABILIDADE DE FEIJOO

Neste contexto, Pablo Arangüena denunciou “o cinismo e a irresponsabilidade” de Feijoo ao queixarse de vacinas no país que lidera a vacinación no mundo. Afondou en que “España está sendo nos últimos tempos, entre os países de certo tamaño, o que máis vacina e o que máis porcentaxe de poboación vacinada ten”. E iso “a pesar do que o Sr. Feijóo exercendo de profeta do fracaso dubidaba do éxito do proceso”.

En calquera caso, o deputado socialista advertiu de que “non nos podemos descoidar porque pode haber mutacións, e de feito moitos científicos prognostican que haberá mutacións perigosas”. Por iso, salientou, “necesitamos mellorar e reforzar dunha vez o noso sistema de rastrexo”.

SANIDADE TENSIONADA POLA PANDEMIA

Ao mesmo tempo, Pablo Arangüena expresou a súa preocupación polo feito de que o goberno do PP decida pechar 600 camas en pleno verán de pandemia. Unha situación que forma parte dun escenario de progresivo desmantelamento da sanidade no que “hai mil profesionais sanitarios menos en atención primaria, no que non se cobren as baixas, no que hai un déficit crónico de pediatras, no que os centros de saúde están desbordados e no que hai listas de espera de 10 ou 15 días para unha primeira consulta médica”.

Nesta situación, Arangüena ademais recordou que “a pandemia tensiona máis unha sanidade pública tensionada xa de por si”. Isto obriga a alongar a espera de tratamentos para doenzas como o cancro, coas consecuencias que iso implica”, ou a “unha case inexistente atención psicolóxica”.

OPOSICIÓN LEAL COA XUNTA FRONTE A REFREGA POLÍTICA DO PP

O vicevoceiro socialista tamén tamén recordou que “a Xunta de Galicia conta nesta pandemia cunha oposición do PSdeG que foi moito máis leal que o PP a nivel nacional”. A proba, afirmou, “é que asumimos cada unha das decisións sanitarias respaldadas polo comité clínico sen discutilas nin facelas obxecto de refrega política”, como fai o PP en Madrid.

Por iso, puxo en valor que, na xestión da pandemia, “nós non fixemos nin faremos o mesmo que fan Ayuso e Casado en Madrid porque Feijóo ten a sorte de contar na oposición cun PSdeG que apoia e non discute as decisións sanitarias respaldadas por criterios técnicos”.

PLENO EXTRAORDINARIO SOBRE O TEITO DE GASTO

En canto á celebración da sesión extraordinaria do pleno da semana que vén para abordar o teito de gasto, Arangüena sinalou que “grazas a un goberno progresista en España que aposta por políticas públicas expansivas, Galicia poderá volver ampliar o gasto público en 2022”.

Ao fío disto, instou ao executivo galego a “aproveitar esta oportunidade” para fortalecer os servizos públicos, xerar emprego e “evitar que haxa máis desigualdades” entre os galegos e galegas.

A Xunta non pode aproveitar a financiación adicional do goberno de España para cadrar as contas, non é o momento”, subliñou, “é o momento de salvar ás persoas”. E por iso que “pedimos á Xunta que exerza a súa responsabilidade” e “que poña a totalidade dos cartos dos que pode disponer na man das persoas que peor o están pasando durante esta pandemia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20