Categorías: Actualidade

Leticia Gallego denuncia que “centos de peregrinos non teñen onde pasar a noite” pola redución de aforos nos albergues

Reclámalle á Xunta “unha solución urxente” e advirte de que a situación está creando “malestar e queixas” e ofrecendo unha imaxe negativa para o turismo, para o ano Xacobeo e para Galicia

A voceira de Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, vén de reclamar á Xunta de Galicia “unha solución inmediata de aloxamento” ás dificultades coas que se están a atopar moitos peregrinos para pernoctar pola redución de aforos nos albergues do Camiño de Santiago”. Fíxoo, hoxe, no Parlamento de Galicia a través da presentación dunha batería de iniciativas.

A deputada Leticia Gallego alerta de que están chegando miles de persoas á nosa terra e estanse atopando con “serios problemas” para atopar praza nos albergues. “Moitos”, advirte, “incluso piden durmir no chan ante a desesperación”.

Gallego lembra que esta situación vén derivada das medidas sanitarias para tratar de controlar o avance da quinta vaga do coronavirus, que obrigan a reducir o aforo nos albergues de peregrinos. Neste contexto, “durante toda a semana pasada moitos albergues colgaron o cartel de completo”. Nalgunhas vilas  incluso tiveron que coordinarse entre todos os para tratar de dar acubillo a todos os peregrinos e peregrinas que solicitaban praza para pasar a noite.

Neste intre, os aforos dos albergues dependen do nivel de restricións de cada concello. Así, nas localidades  onde están ao 50 % do aforo é “moi complicado” atopar unha praza nun albergue, incluso os que están ao 30 % do aforo tampouco teñen prazas vacantes. A maiores, incide a deputada socialista, “os peregrinos atópanse con que non poden reservar praza nos albergues públicos, como mandato institucional”.

Por iso,  o Grupo Parlamentario Socialista demándalle á Xunta “unha solución urxente” a eses centos de peregrinas e peregrinos que están facendo o Camiño de Santiago e se encontran co problema de non ter onde pasar a noite. Esta circunstancia, ademais, está creando “malestar e queixas por parte destes turistas” e está ofrecendo unha imaxe “que non é boa nin para o turismo, nin para o ano Xacobeo, nin para Galicia”.

Leticia Gallego denuncia que considera que o Goberno autonómico debería que ter algunha alternativa ante esta situación, que “era bastante previsible estando nunha pandemia”. Ante esta problemática na que nos atopamos non existe ningunha alternativa para todos os turistas que están facendo o Camiño de Santiago e non teñen onde pasar a noite.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57