Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena denuncia “un sistema para favorecer aos amigos do PP” na política de persoal da Xunta

Airea o último informe do Consello de Contas sobre xestión e contratación de persoal na administración galega no que o ente fiscalizador acusa ao goberno de Feijóo de “descontrol” e “falla de legalidade” nos procedementos empregados

O vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, denunciou hoxe os datos e conclusións do último informe do Consello de Contas sobre a contratación de persoal da Xunta e de todos os seus organismos dependentes entre os anos 2014 e 2019 no que o ente fiscalizador acusa ao goberno de Feijóo de “descontrol” e “falla de legalidade” nos procedementos empregados.

“O PP de Galicia ten implantado na administración autonómica galega un sistema de xestión e contratación de persoal que, en lugar de respectar os principios de igualdade e mérito, perpetúa situacións de abuso e arbitrariedade que non son casuais, senón que obedecen a unha estratexia deliberada para patrimonializar os postos de traballo públicos en beneficio de persoas afíns ao PP”, sentenciou o voceiro socialista.

Neste sentido, Arangüena alertou de que hai “un sistema para favorecer aos amigos do Partido Popular na política de persoal da Xunta” que é denunciado polo propio Consello de Contas neste texto ao asegurar que “se están incumprindo as recomendacións que efectuou hai anos” e tendo en conta que a Xunta “non estableceu aínda criterios mínimos xustificativos da necesidade de cubrir a dedo determinados postos”.

“O contido deste informe resulta demoledor porque pon branco sobre negro e sinala que na administración galega se están incumprindo, reiterada e sistematicamente, principios elementais da contratación administrativa de persoal como son os de control, garantía e transparencia” cando ademais hai que ter en conta que a Xunta “é a maior organización en canto a volume de persoal que existe en Galicia” e “debería estar suxeita ao máximo control”.

Así, o informe reflicte, destacou Arangüena, que no ano 2019 “había en Galicia 2.764 persoas en situacións de libre designación ou comisión de servizos, en ambos casos sen respectar as normas públicas” ou “saltándose a legalidade pola porta de atrás”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28