Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Martín Seco insta á Xunta a retomar a concentración parcelaria na parroquia arzuá de Burres tras 11 anos de paralización por parte do goberno de Feijoo

Responsabiliza aos gobernos do PP dos “retrasos e a falla de prioridade nos traballos de concentración parcelaria en toda a comunidade”

O deputado socialista Martín Seco demandoulle hoxe á Xunta que retome o proceso de concentración parcelaria na parroquia arzuá de Burres, que leva paralizada dende que Feijoo chegou á Xunta, no ano 2009.

Martín Seco lembrou que a primeira fase deste proceso concluíu no ano 1972 e que, dende aquela, “vai facer 50 anos”, está pendente a concentración das fincas forestais, cunha superficie prevista de 1.000 hectáreas. Xa no ano 2008, o goberno de Emilio Pérez Touriño “entendeu a necesidade de impulsar os traballos cunha partida orzamentaria que superaba os 150.000 euros”. Con esa cantidade levaronse a cabo o estudo de impacto ambiental e diferentes actuacións topográficas.

Porén, Martín Seco alerta de que once anos despois “a veciñanza de Burres segue a esperar”. E iso malia que se trata dunha das parroquias de maior extensión do municipio e na que a actividade agrícola e gandeira constitúe o sustento principal da economía de moitas familias. Nesta liña, subliñou que nas zonas gandeiras de Galicia con concentracións parcelarias rematadas hai maior mobilidade de terras que onde non o están, pois “as fincas de máis extensión teñen maior rendibilidade”.

Con todo, o parlamentario do PSdeG lamentou que a situación do sector gandeiro do concello de Arzúa vén sufrindo “un deterioro das súas marxes de produción nos últimos anos”. A esta circunstancia engádelle “unha reorganización no sector forestal que limita os usos agrarios e a superficie agraria útil, encarecendo calquera tipo de produción (gandeira, agrícola ou forestal) por diversos motivos. Entre eles, “e no caso que nos atinxe, figura a reducida superficie das parcelas existentes”.

A maiores, Martín Seco alertou de que, en todo este tempo, “a parroquia foi perdendo progresivamente poboación como evidencian os datos do INE”. Segundo esas cifras, Burres pasou de preto de 500 habitantes no ano 2000 ata os 367 habitantes que tiña no ano 2020. “É dicir”, sinalou, “unha parroquia máis da Galicia interior que perdeu un 25 por cento da súa poboación, o que supón menos riqueza e máis abandono para o noso rural”.

Neste contexto, Martín Seco responsabilizou aos gobernos do PP dos “retrasos e a falla de prioridade nos traballos de concentración parcelaria en toda a comunidade”. Así, indicou que na actualidade, “ao igual que hai 60 anos”, o principal obstáculo “é a frecuente dilatación no tempo do procedemento” que, “xunto co seu custo e a falla de aposta inversora, “é o talón de Aquiles da reestruturación parcelaria”.

Deste modo, Martín Seco lamentou que, en toda Galicia, “só temos unhas 450.000 hectáreas con concentración parcelaria, “que vén sendo un terzo da que debería de existir”. Ademais, “o ritmo dos traballos segue a ser baixo”, cunhas 5.800 hectáreas concentradas por ano, o que se sitúa “por debaixo do que se acadaba no comezo destes traballos, dende o ano 1960 ata o 1990”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41