Categorías: Actualidade

A Xunta négase no Parlamento a desafectar a vivenda dos mestres da antiga Escola Balinfra para destinala a uso social

Leticia Gallego propón que se destine a persoas en situación de emerxencia, xa que a casa se atopa baleira dende hai anos

A Xunta negouse hoxe no Parlamento a desafectar a vivenda dos mestres da antiga escola Balinfra, situada na parroquia de Camos, no concello de Nigrán, para destinala a usos sociais.

A deputada socialista Leticia Gallego propuxo, a través dunha pregunta ao goberno galego na Comisión de Educación, que esta vivenda se destine a acoller a familias en situación de emerxencia, xa que esta casa se atopa baleira dende hai anos. “É inxusto que algunhas persoas non teñan casa e haxa unha deshabitada”, sentenciou.

Neste sentido, sinalou que o Concello de Nigrán “está en condicións de documentar ante a Xunta que esta casa está sen uso porque o seu consumo eléctrico segue practicamente inalterado; as persianas, baixadas; a finca está en estado de crecente abandono e o peche perimetral, derrubado”; o que “contradí as reiteradas respostas da administración autonómica afirmando que está ocupada”.

Ao fío disto, a voceira socialista lembrou que a casa esta cedida pola Consellería de Educación a unha profesora “que non vive nesta vivenda, senón noutro concello próximo do Val Miñor”. Fronte a isto, a cesión da casa á administración local implicaría uso social, ao igual que as demais casas de mestres do municipio que no seu día foron fogar dos profesores das antigas unidades e que hoxe albergan actividades veciñais, recreativas, culturais ou mesmo terapéuticas.

A negativa do PP no Parlamento contrasta con que o pasado luns 29 de novembro, o Pleno do Concello de Nigrán aprobou por unanimidade a moción presentada polo Grupo Municipal Socialista para solicitar de novo á Consellería de Educación a desafección da vivenda.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08