Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena critica o “frontismo e irresponsabilidade do PP” ao rexeitar a proposta socialista na defensa da costa galega

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, criticou hoxe o “frontismo e irresponsabilidade” do PP logo de que rexeitaran unha proposición non de Lei “que pretendía a unidade de toda a Cámara na defensa da costa galega”. Arangüena presentou esta iniciativa de apoio ao carácter estratéxico do sector mar – industria – alimentación na que reclamaba diálogo para “calquera modificación da normativa de costas”.

O responsable socialista criticou o “guerracivilismo e cegueira política” do goberno galego, disposto a “desinformar deliberadamente” e sinalar que “a administración central quere cargarse un sector enteiro da súa economía” a costa de “desincentivar a inversión”. Alertou deste “exemplo de profecía autocumplida” co único obxectivo de atacar ao goberno de España nunha mostra de “filibusterismo político”.

Puxo como exemplo que o presidente da Xunta anunciara en maio de 2020 que estaban en risco 100 empresas e 3.000 postos de traballo deste sector, obviando que o seu desleixo provocou a marcha efectiva de 600 firmas a Portugal. Menos dun ano despois, lembrou, a portavoz de Medio Ambiente do PP “multiplicaba por cen o que xa era unha falsidade”, falando de “varios milleiros” de empresas e “ducias de milleiros” de postos de traballo.

Pablo Arangüena reclamoulle ao goberno galego “deixar un ámbito económico tan importante como o sector mar – industria – alimentario fora de calquera confrontación partidista” e “polo tanto informar de forma veraz, transparente e obxectiva” evitando “sementar dúbidas que poidan desincentivar o investimento e intranquilizar ás persoas e familias que dependen do mar en Galicia”.

Neste sentido, aludiu á campaña de críticas do PP e do goberno galego contra a Lei de Cambio Climático, obviando que o límite para as concesións en franxa costeira poden estenderse ata o ano 2063, a aínda así “cando chegue o momento poden volver solicitar unha nova concesión”. Por outra parte, reclamoulle ao goberno galego que “senten co Ministerio para dicirlle que a futura reforma da normativa de Costas, se se produce, ten que contar co máximo consenso posible”.

Na proposta que o PP rexeitou hoxe incluía a defensa do “diálogo aberto e fluído coas entidades representativas, así como coas administracións locais e autonómicas, acadando o máximo consenso posible”. Reclamou ademais que a aplicación concreta da normativa “e de calquera modificación normativa futura” sexa feita “tendo en conta a importancia, carácter estratéxico, especificidade, singularidade e peculiaridade da costa galega”.

Contaminación Ence

O viceportavoz socialista aludiu ademais ao informe interno de Ence publicado hoxe por eldiario alertando dos vertidos de mercurio procedentes da súa antiga filial, Elnosa, que a Xunta “parece ser que coñecía”. Reclamoulle ao goberno galego que dea conta de forma urxente desta situación que “é un exemplo de como a actividade industrial na costa non é inocua, xera externalidades de todo tipo, pode xerar problemas graves de contaminación e ten que ser regulada e vixiada”.

Alertou de que mentres o goberno galego alude a “un elemento no chan nunha concentración superior ao nivel de referencia” e que “non ten que supoñer un problema”, en realidade omite que “non se trata dun elemento calquera, como parece suxerir despreocupada e alegremente a Xunta, senón dun dos elementos máis tóxicos que existen, como é o mercurio”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06