Categorías: Actualidade

Inacción da Xunta fronte ás empresas responsables dos apagóns eléctricos

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, lamento hoxe a “falla de acción” do goberno galego para garantir que as empresas de subministro eléctrico cumpran coas súas obrigas de calidade no servizo. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión polos apagóns provocados polo temporal do 19 ao 21 de decembro, que afectaron a zonas xestionadas por Naturgy.

Rodríguez Rumbo lembrou que esta empresa, que “comparte accionariado coa Xunta en varias entidades”, é a mesma que “se beneficia dos nosos recursos naturais” e que quere adiantar o peche da central térmica de Meirama a 2020. Apunta que “xa que a empresa non parece ser corresponsable co territorio, debe ser o goberno galego quen lle faga saber do seu compromiso co país no que está a explotar recursos”.

Reivindicou así a toma de medidas respecto das eléctricas que tardaron “moitas horas” en restablecer o subministro, ademais de habilitar axudas para minimizar os danos da poboación, especialmente no rural. Sinalou así ás fallas no mantemento das redes eléctricas como a causa duns apagóns que en casos chegaron ata as 72 horas.

A parlamentaria socialista reclamoulle ao goberno galego que informe en sede parlamentaria das conclusións do expediente que ten anunciado contra estas empresas, e instouno a ampliar as inspeccións técnicas á rede dos concellos que sufriron cortes de máis de 6 horas.

Naqueles días, dixo, segundo os datos ofrecidos hoxe pola Xunta víronse afectadas 424.000 persoas –o que supón o 16 por cento da poboación galega- por uns apagóns de 3 horas de media, mentres o 3 por cento da poboación sufriu cortes de entre 48 e 72 horas.

Lembrou que de acordo co Ministerio de Industria “Galicia ten hoxe peor subministro que hai un lustro”, cun 48 por cento máis de apagóns en 2018, mentres o rural cuadriplica os cortes de luz do entorno urbano.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41