Categorías: Actualidade

Feijóo debe garantir que manterá abertos os paridoiros en tódolos hospitais comarcais

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe ao conselleiro de sanidade que garanta os paridoiros nos hospitais comarcais de Galicia. Torrado presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que lembrou que dous días antes de pechar o de Verín anunciaban no Parlamento a ampliación de servizos naquel centro e sinalou que “ampliar servizos non é agrandar o cuarto de baño”.

O responsable socialista alertou da “inquedanza” que xerou o peche do servizo en Verín diante da “continua perda de servizos e profesionais” nos hospitais comarcais, co que “constatouse a súa intención de baleirar de servizos” aos hospitais de Verín, Valdeorras, Monforte, Burela, Cee, Ribeira e O Salnés. Torrado reivindicou a continuidade dun servizo “fundamental” para a sanidade pública ameazado polos recortes aplicados polo goberno galego.

Torrado advertiu que o criterio do baixo número de partos co que o goberno galego xustificou inicialmente o peche do paridoiro de Verín replícase no resto dos centros comarcais, e subliñou que “defendemos que se manteña” este servizo. Advertiu que este episodio “deixa claro o que queren facer cos paridoiros, e agora queda saber se aprenderon ou van facer o mesmo”.

Criterio subastable

O parlamentario socialista criticou a “conciencia subastable” que demostrou Feijóo ao apelar inicialmente a problemas de “conciencia” para pechar o paridoiro cando demostrou agora que si podía telo aberto.

Finalmente, reclamoulle ao conselleiro de Sanidade que explique se no resto de hospitais comarcais tamén pedirán o “consentimento informado reforzado” ás nais que queiran parir, tal e como anunciou Feijóo para Verín, que o conselleiro deixou sen responder. Deste xeito, dixo, “poderannos aclarar que é o que quería dicir o presidente da Xunta” ao anunciar este novo requisito.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04