Categorías: Actualidade

Os Ozamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para 2021 son “fume”

A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, cualificou hoxe de “fume” os Orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para o próximo ano. Na comparecencia da conselleira en Comisión para presentar as contas do seu departamento para 2021, Otero criticou que estas “non responden á realidade” e “non poñen unha soa obra nova enriba da mesa”.

Otero limitou os orzamentos de Infraestruturas para 2021 a un “copia e pega dos orzamentos anteriores” e advertiu que “quedará por mirar que as obras que seguen a poñer e que veñen herdadas de anos anteriores finalmente se executan”. Apuntou así a infraestruturas como a Vía Ártabra, a VAC Costa Norte, a Variante de Carballo, a estrada Friol – O Folgoso, que “ano tras ano aparecen nos orzamentos pero non se executan”, como o caso do Porto Seco de Monforte.

Algo semellante sucede coas estacións intermodais, por canto “o ano pasado anunciou as mesmas estacións que desta volta: as de Santiago, Ourense e Pontevedra”, cando por exemplo na de A Coruña prevén gastar 28 millóns de euros, o mesmo que prevén para estudos de mobilidade en todo o ano 2021, o que “merece unha explicación pormenorizada”.

A responsable socialista alertou ademais que “só consignan 5 millóns a acondicionamento e mellora da rede autonómica”, o que supón que de facto “a súa grande aposta pola rede de infraestruturas da Comunidade Autónoma limítanse a actuar en 4 quilómetros en todo 2021”. Este é o “mellor resumo –dixo- dunha Consellería que se limita a comprometer gastos para exercicios futuros e practicamente nada para 2021”.

Criticou que a conselleira “se dedicara hoxe a facer de oposición da oposición, de oposición do goberno de España e mesmo de oposición nos concellos nos que non goberna o PP, cando non seguiu a falar do bipartito 11 anos despois”. Afeoulle que “mais que explicar as súas liñas de Orzamento, o que veu facer é botar balóns fora e culpar de tódolos retrasos nas execucións de infraestruturas aos concellos, deputacións e ao goberno central”.

Replicoulle ás dúbidas da conselleira sobre as rebaixas da AP9 nos orzamentos do Estado, que o PP quere botar abaixo, lembrando que foi precisamente o PP quen adiou a concesión a Audasa con Aznar, e que os gobernos de Rajoy ampliaron o convenio a cambio de incrementar as peaxes. Logo das críticas polo retraso do AVE, lembrou tamén a responsabilidade dos gobernos do PP, incluído o de Feijóo, quen en 2009 comprometíase a levar el mesmo o AVE a Lugo.

Augas de Galicia

Patricia Otero criticou o uso do canon da auga por parte do goberno galego, que aportará 52 millóns de euros dunha taxa que é fixada polo goberno galego, recadada polos concellos e remitida ao goberno galego, que en lugar de destinar uns fondos finalistas neses mesmos concellos “dedícase a actuar a favor dos concellos do seu propio partido”.

Advertiu así que 8 de cada 10 convenios de Augas de Galicia foron asinados con concellos do PP, cando concellos como Lugo ingresan 1,5 millóns de euros cada ano e “nos últimos cinco anos recibiron 0 euros en investimentos de abastecemento, saneamento e explotación das Edar. Criticou que “manteñan a taxa da auga como elemento recadador cando os concellos teñen que facer un gran esforzo inversor para contrarrestar os efectos da pandemia e axudar á poboación”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28