Categorías: Actualidade

Novo abandono das comarcas de Costa da Morte e Bergantiños nos Orzamentos da Xunta

O parlamentario socialista Martín Seco lamentou hoxe que os orzamentos da Xunta de Galicia do 2021 para as comarcas da Costa da Morte e Bergantiños como “unha nova oportunidade perdida para o goberno de Feijóo para tratar de impulsar as potencialidades dunhas comarcas abandonadas polo PP sistematicamente”.

O responsable socialista sinalou que “o abandono que senten os concellos cando teñen que asumir as competencias que deberan de ser propias da administracións autonómicas, en servizos sociais, educación e sanidade e que minoran a capacidade dos concellos para poder axudar a veciñanza, vense multiplicadas pola falla de inversión dos orzamentos”.

Estas contas, engadiu, “non actúan para fixar poboación no noso rural, non avanzan nas infraestruturas necesarias para darlle competitividade ás nosas empresas e portos, non actúan no desenrolo turístico e nin tan sequera dan solución os múltiples problemas coa xestión do saneamento das augas que verten os nosos concellos”.

Martín Seco sinalou que “a baixa capacidade inversora en actuacións na rede de infraestruturas viarias lastra o futuro económico da comarca e a fixación de poboación no territorio”. Apuntou que “a demora constante dunha forte inversión na Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte coas dúas variantes, que a este ritmo será unha realidade o século que vén, e a falla de actuación contra a inxusta peaxe da AG-55, lastra as posibilidades dunha comarca que debera de poder exercer as súas potencialidades”

Dixo que, ademais, “a Xunta de Galicia esquece ao Hospital Virxe da Xunqueira, sen o servizo de cardioloxía e abandonado ata no seu aspecto exterior pola consellería, esquece actuar nos servizos sociais no desenrolo da axuda ao fogar, na implantación da dependencia, na RISGA, na implantación de centros de día e nos centros educativos abandonados dende Ponteceso ata Carnota”.

Seco subliñou que “necesitabamos que a Xunta se implicase no desenrolo dos portos e a súa actividade económica, na comunicación dos seus polígonos industriais e na súa conectividade á banda ancha, pero vemos como a Xunta introduce pequenas partidas que non corrixen os déficits dun territorio esquecido nestes 12 anos de goberno de Alberto Núñez Feijóo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18