Categorías: Actualidade

As necesidades de Ortegal desaparecen dos Orzamentos da Xunta para 2021

O parlamentario socialista Martín Seco cualificou os Orzamentos da Xunta de Galicia do 2021 como “unha tomadura de pelo para os cidadáns da comarca de Ortegal, cunha falla absoluta de partidas que actúen nas imperiosas necesidades dunha cidadanía, que segue sen ter a un goberno que poña o foco nuns concellos esquecidos nestes 12 anos do goberno do PP”.

Seco sinalou o “abandono que senten os concellos cando teñen que asumir as competencias que deberan de ser propias da administracións autonómicas, en servizos sociais, educación e sanidade, e que minoran a capacidade dos concellos para poder axudar a veciñanza”.

Esta situación, dixo, vese “multiplicada pola falla de inversión duns orzamentos que non actúan para fixar poboación no noso rural, non avanzan nas infraestruturas necesarias para darlle competitividade ás nosas empresas e portos, non actúan no desenrolo turístico e nin tan sequera dan solución os múltiples problemas coa xestión do saneamento das augas que verten os nosos concellos”.

O deputado socialista Martín Seco salientou a “trampa de introducir para 2021 partidas xa licitadas e que non incorporarán a construción de ningún quilómetro na Vía de Alta Capacidade Costa Norte”, que é, dixo, “o mellor signo da falla de compromiso da Xunta de Galicia por facer realidade unha infraestrutura vital para a cidadanía e as súas empresas”.

Estas contas, dixo, continúan a adiar a ampliación do Centro de Saúde de Cedeira, a residencia de maiores de Cariño, a rehabilitación integral do CEIP José Maria Lage, a renovación exterior do CEIP A Barqueira de Cerdido ou a rexeneración da ría do Barqueiro –Mañón-. Subliñou que estas ausencias “falan do abandono do Ortegal pola Xunta de Galicia, que só introduce un par de pequenas partidas para melloras no saneamento de dous concellos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02