Categorías: Actualidade

Os Orzamentos da Xunta supoñen unha “oportunidade perdida” que “fracasa na protección da maioría social”

O portavoz do Grupo Socialista reclama un sistema de Benestar “robusto” garantido por un goberno que actúe como “locomotora da economía” e garanta emprego de calidade

Lamenta a retirada da Tarxeta Básica mentres a Xunta reduce impostos aos máis ricos, e denuncia o “populismo fiscal e cinismo político” do PP, que critica o incremento da recadación fiscal “mentres se benefician dela”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, criticou hoxe que os Orzamentos da Xunta para 2023 fracasan na protección da maioría social cun “sistema de benestar e de protección social robusto, que fortaleza á clase media traballadora”. Álvarez defendeu as 628 emendas parciais ao estado de gastos no debate final en Pleno das contas para o próximo ano, e criticou que o PP non incorporar nin unha soa ás contas definitivas.

O responsable socialista lamentou que, malia que os orzamentos teñen chegado á cifra histórica de 14.167 millóns de euros, o goberno galego renuncia a “afrontar os retos inmediatos e de futuro para acadar unha Galicia máis verde, máis dixital, máis cohesionada territorial e socialmente sen que ninguén quede atrás”, incapaz de asumir o seu papel de locomotora da economía e do emprego de calidade mantendo o compromiso de corresponsabilidade fiscal.

Álvarez lamentou que os Orzamentos aprobados hoxe consoliden a retirada da Tarxeta Básica, que con 31 millóns de euros ao ano axudaba a 75.000 galegos e galegas a adquirir produtos de supermercado, hixiene ou farmacia. Criticou que esta supresión coincida co incremento do beneficio fiscal ás maiores rendas, co que a Xunta renuncia a recadar unha contía moi semellante ao que custaba a Tarxeta Básica para darlle 4.415 euros anuais aos 7.700 galegos máis ricos.

E todo isto, dixo, mentres o goberno galego presume de rebaixas fiscais ao tempo que recada 500 millóns adicionais polo tramo autonómico do IRPF e outros 625 millóns adicionais polo IVE. Puntualizou que criticar o incremento da recadación fiscal mentres se benefician dela “chámaselle populismo fiscal e cinismo político”, precisamente “cando máis é necesaria unha política fiscal xusta, que permita manter os servizos públicos e non só beneficiar aos máis ricos”.

Acusou á Xunta de “malgastar recursos públicos en dádivas ou beneficios para quen non os necesita” mentres “deixan sen resolver as carencias sanitarias, educativas, dos servizos sociais ou da vivenda”, facendo dos Orzamentos unha “ocasión tristemente perdida para Galicia”. Mentres, multiplican a débeda pública por 2,48 dende o ano 2009, co que hoxe cada galego e cada galega debe 4.353 euros, e pasaron de destinar 393 a 1.414 millóns de euros á amortización de débeda.

O responsable socialista detallou as liñas principais das emendas presentadas polos socialistas galegos, centradas no reforzo dos servizos públicos, coa sanidade e a educación á cabeza, e nas que lle reclaman á Xunta que exerza as súas competencias en materia industrial e que aproveite a posibilidade que supoñen os fondos Next Generation EU. Tamén aludiu ás principais medidas propostas en materia de agricultura e pesca, comercio, emprego ou vivenda.

O portavoz do Grupo Socialista lamentou a “falta de consideración” demostrado polo goberno galego coa Administración local, que mantén conxelada a partida destinada ao Fondo de Cooperación Local nos mesmos 113 millóns de euros dos últimos 10 anos, malia que os ingresos da Xunta teñen aumentado un 8,5 por cento ata os 12.620 millóns de euros.

Lamentou que o goberno galego “non aposta pola autonomía na toma de decisións” con recursos económicos suficientes para os concellos, sobre os que manteñen “a tutela e o reparto arbitrario” de fondos. Tampouco garanten a prestación de servizos públicos en igualdade de condicións e desaproveitan a oportunidade de fixar un novo marco normativo que garanta a obxectividade no financiamento das administracións locais.

Calimocho

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, abriu a rolda de intervencións de hoxe co debate do ditame da Comisión de Orzamentos defendendo as 76 emendas dos socialistas ao articulado da Lei, que reclamaban mobilizar 766 millóns de euros. Criticou que a Xunta demostra que “nin tivo nin ten proxecto de país”, e con 2.400 millóns adicionais fracasa no avance social e económico de Galicia, o equivalente a “facer un calimocho cun Gran Reserva”.

Criticou o “desperdicio” de recursos “para un resultado insatisfactorio”, que reitera “os mesmos programas con incremento de contías, sen axustarse ás novas necesidades”, que mantén os recortes nos servizos públicos nos 13 anos de Feijóo e Rueda. Criticou a falla de aposta polo pulo industrial e empresarial, e que limita o esforzo nas partidas fundamentais en materia de emprego, vivenda, Dependencia ou loita contra a violencia machista ás transferencias finalistas do Estado.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21