Categorías: Actualidade

O PSdeG reclama á Xunta políticas de prevención de lumes e denuncia o abandono do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

A deputada do PSdeG, Carmen Rodríguez, reclamou este xoves na Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, “políticas reais de prevención” de lumes no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. A socialista censurou que “neste espazo natural único sexan cada ano milleiros de hectáreas arrasadas”, e onde un dos lumes tivo como consecuencia o 8 de agosto o accidente dun hidroavión portugués “que finalmente deixa o triste desenlace dos dous pilotos falecidos”, lamentou.

Para a deputada socialista “estes incendios continuados responden a falta de medios, de persoal e o desleixo absoluto durante anos da Xunta en materia de lumes”. Carmen Rodríguez lembrou que esta situación agravouse “dende o ano 2016 cando 3.000 hectáreas foron arrasadas polo incendio ocorrido no parque natural de Entrimo”. A partir de ese ano esta situación, segundo resaltou a parlamentaria, “vén repetíndose ano tras ano” sen que o goberno galego tome medidas na protección deste espazo natural.

Rodríguez urxiu ao goberno popular a “asumir responsabilidades e facer dunha vez políticas preventivas” e de xestión no parque e en toda a provincia. Ademais instou á Xunta “a que traballe nunha coordinación coa Administracións portuguesa” na especial protección e desenvolvemento desta zona, e o estudo das causas dos incendios que veñen tendo lugar dende  o ano  2016.

Neste contexto, Rodríguez recordou “o drama vivido por veciñas e veciños de Ourense estes últimos días” con lumes que calcinaron xa preto de 10.000 hectáreas na provincia e “poñendo en risco vidas e arrasando bens e patrimonio natural cuxo valor é incalculable”, salientou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13