Categorías: Actualidade

O PP veta a nosa proposta para que a Xunta dea conta da situación do Centro Tecnolóxico da Carne de San Cibrao logo da detención do seu xerente

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, esixiulle hoxe á Xunta que investique a situación da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, logo da detención, esta semana, do seu xerente e media ducia de directivos por presunta prevaricación, falsidade documental e malversación de fondos públicos.

Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do PP en Comisión na que, dixo, “precisamente hoxe”, pedían crear unha Fundación de Investigación Agraria sustentada na base da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne obxecto do proceso xudicial. Seco sinalou que “Galicia non necesita máis chiringuitos ao servizo de Baltar e de Feijóo” e reclamou cambiar a proposta por unha emenda socialista para investigar ao Centro Tecnolóxico, que foi rexeitada polo PP.

Advertiulles ao Grupo Popular que “esperen a ter a certeza de que os seus compañeiros de partido investigados xudicialmente non cometeron delitos contra a Facenda Pública con posibles desvíos de fondos”. Puntualizou que “do contrario están poñendo ao mundo da investigación en Galicia aos pés dos cabalos, e vostedes serán cómplices por non ter adoptado medidas”.

Esixiulles que “actúen con escrúpulos e un pouco de sentido”, e sinalou as “dúbidas que nos xera un proceso xudicial desta envergadura” sempre “respectando a presunción de inocencia dos detidos”.

Fundación a extinguir

O responsable socialista acusou ao PP de propoñer agora unha nova Fundación sustentada no Centro Tecnolóxico da Carne que, ademais de ser susceptible dunha investigación xudicial pola xestión do goberno galego, “curiosamente figuraba no listado de entes a extinguir” que presentou o propio Feijóo en 2012.

Criticou esta nova proposta diante da “falla de compromiso amosada polos sucesivos gobernos do PP, que non apostou pola incorporación de novos investigadores e na formación destes como sucedera na época preautonómica”. Criticou os “continuos bandazos” do PP “coa excepción da Lexislatura do goberno socialista, que fixo un esforzo por rexuvenecer plantillas e modernizar os centros de investigación”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28