Categorías: Secretaría XeralUncategorized

O PSdeG propón que as primarias nos municipios de máis de 20.000 habitantes e as autonómicas sexan o 18 novembro

O secretario xeral destaca que o partido “está preparado para dar o relevo a Feijóo” despois de constatar o “esgotamento” do seu ciclo no Debate sobre o Estado da Autonomía

Santiago, 10 de outubro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou este mércores a aprobación por parte da Comisión Executiva Nacional Galega do calendario de primarias para as eleccións municipais e autonómicas. En concreto, a través deste sistema, poderán elixirse os candidatos ás alcaldías daqueles municipios con máis de 20.000 habitantes e o candidato á Presidencia da Xunta.

Como detallou o líder dos socialistas galegos ante os xornalistas, en base ás datas fixadas “en contacto continuo” coa dirección federal do PSOE, as votacións terían lugar o domingo 18 de novembro, mentres que a segunda volta -no caso de que ningún dos aspirantes reciba máis da metade dos votos- sería sete días máis tarde, o día 25.

A coincidencia de ambas citas, explicou Gonzalo Caballero, ten por obxecto despexar os procesos orgánicos nun escenario electoral impredicible, a fin de evitar que as primarias autonómicas se solapen con outras citas. “A min gústanme as primarias, e quero que falen os militantes de base”, asegurou.

Do mesmo xeito, o líder dos socialistas galegos considerou que, un ano despois de acometer a renovación do partido, é o momento de ter “un referente claro” que poida traballar co escenario de propiciar o cambio de ciclo en Galicia. “O partido está preparado para dar o relevo a Feijóo”, sostivo Gonzalo Caballero, quen constatou o “esgotamento” da etapa de Feijóo no propio Debate do Estado da Autonomía.

Ir á páxina das primarias 2018
Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08