Categorías: Secretaría Xeral

O PSdeG presenta un decálogo de medidas para a volta ás aulas no que reclama máis profesores, un plan de dixitalización e protocolos consensuados coa comunidade educativa

Demanda tamén máscaras gratuítas para o alumnado, habilitar novos espazos para baixar o rateo de alumnos por aula e avanzar na contratación de persoal sanitario para os centros

Gonzalo Caballero sinala que a Xunta “suspendeu” nestas 10 medidas “fundamentais” para un inicio do curso “con garantías” e  que son “competencia autonómica”

Santiago, 26 de agosto de 2020. O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o responsable de Educación, Luis Álvarez, acompañados pola deputada Isaura Abelairas, presentaron hoxe un decálogo de medidas encamiñadas a conseguir que, fronte á “inacción” da Xunta, a volta ás aulas no vindeiro mes de setembro, poida facerse “con garantías” para toda a comunidade educativa.

Neste documento figuran propostas como a contratación de máis docentes e a habilitación de novos espazos para poder reducir o número de alumnos por aula. Ao respecto, o líder do PSdeG sinalou que os concellos, con exemplos como o de Culleredo ou o de Baiona, están poñendo a disposición da Xunta instalacións municipais, ao tempo que subliñou que os fondos consignados polo goberno permitirían contratar preto de 2.000 profesores máis.

Ao fío diso, Gonzalo Caballero recordou que, cun volume de fondos covid equiparable ao que recibe Galicia, Castilla-La Mancha investiu en novas contratacións 12,5 veces máis que Galicia, ata chegar aos 3.000 docentes; e que Extremadura, cun rateo de alumnos por profesor similar ao da comunidade galega, o aumento no número de profesores é 5,3 veces superior ao contar con 586 profesores máis para iniciar o curso.

Ademais, o decálogo presentado polo PSdeG contén a reclamación dun plan de dixitalización que dote a todos os escolares dun ordenador que lles permita seguir as súas clases e de que a Xunta dispoña máscaras gratuítas para o alumnado, máxime despois de que Feijóo anunciase a súa obrigatoriedade nas aulas dende os seis anos. Así mesmo, pide reforzar a asistencia sanitaria nos centros, avanzando cara o obxectivo de contar cun traballador da rama sanitaria en cada colexio.

No eido da prevención, o PSdeG urxe a que se dote a todos os centros escolares de sistemas de control da temperatura corporal no momento do acceso, de alfombras desinfectantes e de dispensadores automáticos de xel hidroalcólico nas aulas e nos servizos. Ademais, a Xunta deberá compensar aos concellos polos gastos extraordinarios de limpeza e desinfección, moi importantes sobre todo no caso dos concellos pequenos.

O documento aborda tamén a necesidade de que a Xunta elabore protocolos para as entradas aos centros, para a saída ao recreo, para o acceso ao transporte escolar e para garantir mecanismos de conciliación “tan importantes” para as familias como os comedores escolares ou as aulas madrugadoras. Trátase, en palabras de Gonzalo Caballero, de evitar aglomeracións e de manter os servizos que se viñan prestando.

A maiores, ante a posibilidade de que haxa que suspender a docencia presencial por mor da pandemia, o documento propón que a Xunta dispoña medidas de apoio á conciliación nas familias. Ademais, reclama que a consellería de Educación elabore un plan de atención ao alumnado con necesidades educativas especiais que inclúa as accións a ter en conta no caso de que haxa que proseguir o curso por vía telemática.

“Son dez asuntos fundamentais e a Xunta suspendeu en todos eles”, reprobou Gonzalo Caballero, quen fixo fincapé en que todas estas cuestións son “competencia autonómica”. “A consellería de Educación estivo ausente e non fixo os deberes. Todas as nais e pais estamos fondamente preocupados porque non hai ningún avance significativo de cara á volta ao cole”, afondou o líder dos socialistas galegos.

A XUNTA ESTÁ “SUPERADA”

Precisamente nesta liña incidiu Luis Álvarez, quen apreciou que a conselleira de Educación está “superada”, a pesares de que “tivo moitos meses para planificar unha volta ás aulas segura”, e “resignada” ante a súa “evidente falla de planificación”.

De feito, evidenciou que é “preocupante” que a Xunta vaia ser a última comunidade en dar a coñecer o seu protocolo cando o resto de autonomías teñen plans que prevén distintos escenarios en función da evolución da pandemia. “En Galicia nin sequera se coñece con exactitude cantos profesores adicionais haberá”, criticou, toda vez que o goberno galego anunciou 240 contratacións adicionais para logo comprometer un millar máis.

“A consellería de Educación está desbordada e está sendo incapaz de dar unha resposta medianamente solvente”, concluíu o tamén secretario de Educación do PSdeG, quen urxiu á Xunta a “asumir este decálogo” e a reunirse “de xeito inmediato” coa comunidade educativa.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57