Categorías: Actualidade

O PSdeG, na véspera do Día de Galicia: “Querer a Galicia é respectar o Estatuto e a Constitución, non saltarse as leis”

Pablo Arangüena lamenta que Feijóo desbordase “o marco constitucional” coa Lei de Saúde de Galicia, “a única en España recorrida ante o Constitucional”, empregando “guiños autoritarios” para “contentar” á “sección Vox” do PPdeG

O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, subliñou hoxe, en vésperas do Día Nacional de Galicia, que “querer a Galicia é tamén respectar o Estatuto de Autonomía e a Constitución, e non saltarse as leis como fai o PP”.

Así o dixo logo de coñecer, nas últimas horas, que o Tribunal Constitucional mantén suspendida parte da Lei de Saúde de Galicia tralo intento da Xunta de sobordar as súas competencias.

“Esta é a mellor proba de que o señor Feijóo desbordou o marco constitucional”, subliñou Arangüena, logo de incidir en que a lei galega de saúde “é a única en España recorrida ante o Tribunal Constitucional” e en que “parte dela está suspendida por este tribunal”.

Neste senso, o vicesecretario xeral sinalou que “xa sabemos que ao PP non lle gusta cumprir as leis”, pero “estes guiños autoritarios que o PP de Galicia fai para contentar á súa sección Vox non teñen cabida no noso estado de dereito”.

Dito isto, Arangüena recordou que a resolución do Tribunal Constitucional sobre a lei galega de saúde chega despois de que o PSdeG requirise en diversas ocasións “diálogo e consenso” á Xunta de Galicia co goberno de España para acordar unha modificación da norma sen ter que chegar aos tribunais.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13