Categorías: Actualidade

Julio Torrado pide á Xunta unha “liña de axudas” para o ocio nocturno de Arousa: “Vaise quedar moita xente polo camiño se non somos audaces”

Denuncia “trato de favor” da Xunta de Galicia ao Concello de Sanxenxo á en canto ás restricións en hostalería, o que é “inexplicable dende o punto de vista epidemiolóxico” e “absolutamente incongruente dende o punto de vista dos datos”

O deputado arousán e voceiro de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, vén pedir á Xunta de Galicia unha “liña de axudas” para o ocio nocturno de Arousa, un sector “moi afectado” polas restricións impostas pola covid. Fíxoo, hoxe, logo de presentar unha batería de iniciativas neste senso no Parlamento e Galicia.

“Vaise quedar moita xente polo camiño se non somos audaces”, alertou o responsable socialista logo de lamentar que o sector da hostalería fose “sinalado”. “A hostalería, en termos xerais, cumpre moi ben a normativa”, reivindicou.

É por iso que “propoñemos á Xunta que, tendo 244 millóns de euros para gastos extra da covid, plantexe unha liña de axudas na comarca” para o sector cando “observamos que hai unha certa desidia ou cansazo na toma de decisións” do executivo galego e ao tempo que “os concellos, como o de Vilagarcía, ofrecen solucións máis imaxinativas que a Xunta” para estas circunstancias.

Nesta liña, o PSdeG solicitou ao executivo galego que formule un mecanismo de axudas de acordo a unha compensación con respecto ao non ingresado por causa das restricións e acordando cos representantes do sector o sistema de cálculo a utilizar.

Así, incidiu, “dende o respecto e o entendemento da complexidade da situación e a dificultade que ten tomar decisións neste contexto”, é preciso dende o goberno galego “darlles unha opción” aos locais de hostalería que teñen que estar pechados”, xa que agora, acusou, a Xunta “está seguindo un manual de 2020 para tomar decisións no verán de 2021”.

AS “DECISIÓNS ESTRAÑAS” DA XUNTA SOBRE A HOSTALERÍA

Noutra orde de cousas, Torrado denunciou o “trato de favor” da Xunta ao Concello de Sanxenxo ao “tomar decisións estrañas” e “machucar á hostalería dalgúns lugares para favorecer a algúns empresarios privados que teñen locais de hostalería noutros concellos”.

Nesta liña, cualificou de “vergoñenta” a comparativa entre concellos. “Non é necesario esconder nada: houbo un trato de favor non aceptable cara ao Concello de Sanxenxo nas últimas semanas”, sentenciou, cuestión que é “inexplicable dende o punto de vista epidemiolóxico” e “absolutamente incongruente dende o punto de vista dos datos” e “acaído por unicamente por unha decisión política, non clínica”.

Isto implica, sinalou, “alimentar unha sensación de frustración na hostalería que, como é normal, ten a sensación de estar pagando os pratos rotos”. “A hostalería é un espazo onde a xente desfruta e pode desinhibirse un pouco máis, peor o único que estamos vendo é que se desinhibe máis nun sitio que noutro”, o cal é “un sen sentido”, denunciou.

Finalmente, o voceiro socialista pediu ao goberno galego que deixe de “criminalizar” á mocidade cando os contaxios “non son só unha cuestión xeracional”, senón que “ten que ver con moitos factores” como a chegada do turismo que supuxo que “disparou a incidencia de contaxios” ou as festas de San Xoán. Malia isto, Torrado pediu á mocidade que sexa “consciente e solidaria como outros o foron con nós cando éramos novos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18