Categorías: Actualidade

O PSdeG denuncia ante a Eurocámara o incumprimento por parte da Xunta das normas de conservación e protección do Courel

O eurodeputado Nicolás González Casares interpela á Comisión Europea polos reiterados desleixos do goberno galego no coidados dos espazos naturais


Advirte que a insuficiencia de planificación, ordenación, xestión e conservación da Rede Natura en Galicia está entre evidentes causas de incendio en espazos protexidos


O eurodeputado, Nicolás González Casares, rexistrou unha pregunta ante Comisión Europea sobre a xestión da Rede Natura en Galicia ao fío do recente incendio forestal que afectou ao Courel, incluído na Zona de Especial Conservación (ZEC) Ancares/O Courel.

“A Comisión abriu un expediente pola mala xestión da Rede Natura en Galicia”, sinala na súa iniciativa o eurodeputado do PSdeG, que se pregunta si a ZEC Ancares/O Courel conta con instrumentos de ordenación e xestión adecuados á Directiva. González Casares inquiriu sobre a adecuación dun expediente que leva sen resolución sete anos, cando a inacción na xestión evidénciase ante catástrofes como o recente incendio do Courel.

O parlamentario tamén quixo saber que medidas tomará a Comisión Europea para garantir o  cumprimento efectivo da Lei e que “as zonas de tal valor ecolóxico estean adecuadamente protexidas”. Non é a primeira vez que Casares traslada á Comisión cuestións relacionadas cos problemas de xestión e o estado do expediente de infracción iniciado en 2015, ante o insuficiente establecemento das medidas de conservación necesarias para estes lugares dentro do seu territorio.

Do mesmo xeito, González Casares xa advertiu do “desleixo da Xunta” en canto á protección das xoias naturais de Galicia. Aínda que a Rede Natura galega conta cun Plan Director aprobado, carece de plans de xestión específicos para cada parque, sendo as medidas do plan vagas e indeterminadas. A falta de plans específicos foi o motivo polo que se abriu o correspondente procedemento de infracción.

A propia Comisión Europea recoñeceu que “as medidas de conservación recollidas no Plan son demasiado vagas e indeterminadas e non ofrecen suficiente claridade na súa aplicación” polo que o Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia non pode considerarse “unha ferramenta suficiente na que se determinen todas as medidas de conservación necesarias” para os 55 lugares e 16 zonas de especial protección para as aves que existen”.

DÓ UN 12% DO TERRITORIO

Ademais, Casares destacou o incumprimento da “Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais, da fauna e flora silvestres e a falta de instrumentos de xestión” en ZEC da Rede Natura. Galicia apenas ten cuberto como Rede Natura un 12% do seu territorio fronte ao 27% de España. É, ademais, a comunidade autónoma española con menor superficie protexida tras Melilla, e a que menos aumentou Rede Natura dede 2004.

Galicia é a comunidade con menos superficie forestal protexida, só está cuberta nun 15%, 26 puntos por baixo da media española. Isto dá unha idea da desprotección do monte non só en espazos de alto nivel ecolóxico, se non tamén naquelas zonas que lindan con Rede Natura. Polo tanto, o que estamos observando é un alto grao de neglixencia dos gobernos do Partido Popular na planificación e xestión dos espazos protexidos en Galicia, impedindo o seu avance e mellora. O resultado directo desta inacción pódese ver no incendio do Courel.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13