Categorías: Actualidade

Carmen Rodríguez lamenta o voto do PP en contra dun servizo de prevención de incendios “único, profesional, estable, formado, equipado” e dependente da Xunta

Carmen Rodríguez sinala que este verán arderon 44.000 hectáreas mentres o goberno galego mantén uns recursos humanos e materiais escasos e é responsable dunha situación de “falla de coordinación, descontrol e colapso” dos dispositivos de extinción

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, lamentou hoxe o voto en conta do PP á proposta socialista para implantar un servizo de prevención de incendios “único, profesional, estable, formado e equipado” baixo o mando único do goberno galego. A responsable socialista presentou esta iniciativa parlamentaria reclamándolle á Xunta “cambios de fondo na política forestal, agraria e medioambiental”.

Rodríguez Dacosta considera “moi grave” o rexeitamento desta iniciativa “á vista do sucedido” cos incendios forestais deste verán, nos que arderon 44.234 hectáreas recoñecidas pola Xunta, afectando a 4 dos 6 parques naturais de Galicia, e rexistrando os dous maiores incendios dende que hai rexistros históricos. Criticou a “irresponsabilidade altísima” do PP e do goberno galego por negarse en redondo a tomar medidas para evitar que a situación se repita.

A responsable socialista alerta da situación de “descontrol, desastre e colapso”, segundo denuncian os propios efectivos, pola “falla de coordinación” no sistema de prevención de incendios responsabilidade da Xunta, que aprobou o Pladiga cunha “demora inxustificada”. Reivindicou un xiro na política forestal da Xunta “ante a insuficiente planificación e medidas preventivas, atacando as causas estruturais dos lumes forestais”.

Falla de medios

Criticou a “falla de medios humanos e materiais” para atallar a vaga de incendios e reclamou a “reformulación das brigadas municipais, contratadas de forma temporal, sen formación suficiente, sen xefes de brigada nin peóns suficientes e cunha coordinación deficiente por parte da Xunta”. Un persoal que a Xunta mantén en “precariedade extrema”, con brigadas “incompletas asumindo xornadas de máis de 12 horas” durante uns “absolutamente insuficientes” 6 meses ao ano.

A parlamentaria socialista levou ao Parlamento as demandas das organizacións sindicais, que reclaman a ampliación das funcións asociadas ao persoal, superando a limitación ao servizo de incendios forestais para incluír a súa competencia “dentro dun servizo de emerxencia no rural que permita a súa mobilización para calquera continxencia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41