Categorías: Secretaría Xeral

O PSdeG comunica o pasamento da deputada Isaura Abelairas: “Referente no seu compromiso socialista, foi sempre unha gran loitadora pola inclusión social, pola igualdade e pola educación pública”

O secretario xeral do PSdeG amosa “a gran tristura dos e das socialistas galegas” e salienta as ganas e forza de Abelairas que, durante dúas décadas, entregou a súa vida a facer a mellor política

A deputada socialista no Parlamento de Galicia Isaura Abelairas faleceu esta madrugada a consecuencia dunha longa enfermidade. Abelairas foi, ata o último día, unha referente na defensa dos servizos públicos e da loita contra a desigualdade.

Natural de Taboada e viguesa de adopción e sentimento, Abelairas era mestra de profesión, cargo que exerceu no CEIP Emilia Pardo Bazán (Chouzo) de Vigo dende 1993 a 2007, escola onde tamén foi directora.

De xeito paralelo, desenvolveu a súa vida na política municipal, sendo concelleira de Limpeza e Festas no Concello de Vigo entre 1999 e 2003 e posteriormente concelleira de Servizos Exteriores e Vías e Obras. Tamén foi responsable de Cultura, Igualdade e Normalización Lingüística, e nas dúas últimas lexislaturas exerceu como responsable de Política Social no Concello de Vigo.

Ademais, foi deputada provincial entre 1999 e 2003 e, dende 2007, foi a responsable de Igualdade na Deputación de Pontevedra. No ano 2020 concorreu nas listas do PSdeG ao Parlamento de Galicia como número 2 da provincia de Pontevedra e, dende entón, exercía como parlamentaria socialista na Cámara centrandose nos ámbitos de igualdade,  LGTBI, Valedoría do Pobo, Emigración, CRTVG e Voluntariado.

Destacada activista do feminismo, da igualdade e da educación pública, Abelairas deixa un gran pesar na familia socialista, partido no que militaba dende hai tres décadas.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, amosou nas redes sociais o seu pesar polo ocorrido e recoñeceu a figura da deputada viguesa. “Deixounos unha gran amiga e compañeira, a miña querida Isaura, sempre socialista e feminista, optimista e loitadora ata o último momento”, destacou.

Así, o máximo dirixente das e dos socialistas galegos recoñeceu o traballo e dedicación de Abelairas no Parlamento de Galicia, na Deputación de Pontevedra e no Concello de Vigo. “Defensora das causas xustas, da igualdade, da educación pública”, enxalzou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00