Categorías: Actualidade

O PSdeG censura a exclusión das mulleres da sociedade creada pola Xunta para a xestión de fondos europeos e insta a Feijóo a “rectificar”

Noa Díaz cualifica de “propio dunha mentalidade machista do século XIX máis que do século XXI” a “falla de mulleres” neste ente, xa que “a reactivación de Galicia non pode facerse excluíndo a máis da metade da sociedade galega”

A voceira de Igualdade do Grupo Parlamentario Socialista, Noa Díaz, censurou hoxe que a Xunta excluíse a mulleres do consello de administración da sociedade público-privada que vén de constituír para a xestión de proxectos europeos. De feito, anunciou iniciativas parlamentarias para instar a Feijóo a “rectificar” o feito de que non haxa “nin unha soa muller entre nove homes”. “É inaceptable e inasumible”, recalcou.

A deputada socialista cualificou como “propio dunha mentalidade machista do século XIX máis que do século XXI” a “falla de mulleres” deste ente, o que presupón que “a igualdade para o PP é só un eslogan”.

Neste senso, Noa Díaz subliñou que “a reactivación de Galicia non pode facerse excluíndo a máis da metade da sociedade galega” e lembrou que o pasado 9 de marzo o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha moción socialista para instar ao goberno galego a asegurar que a perspectiva de xénero estea presente nos proxectos presentados pola administración autonómica galega aos fondos europeos Next Generation.

Así pois, a parlamentaria do PSdeG instou a Feijóo a que rectifique e constitúa “inmediatamente” un consello de administración igualitario cunha presenza equilibrada entre mulleres e homes, xa que  existen “moitas mulleres perfectamente válidas neste país” para formar parte deste órgano. “A Xunta non pode fomentar os teitos de cristal”, advertiu.

Por último, a voceira socialista en materia de Igualdade criticou o “escurantismo” do goberno galego en todo o que ten que ver coa xestión dos fondos europeos. “A Xunta non informou nin no Parlamento ni na comisión de reactivación da conformación da citada sociedade público-privada”, sentenciou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08