Categorías: Actualidade

Paloma Castro acusa á Xunta de “encher os petos” cos fondos covid mentres lles furta axudas aos concellos para desinfección de parques e zonas deportivas

A parlamentaria socialista Paloma Castro acusou hoxe ao goberno galego de “encher os petos” cos fondos comunitarios para a covid mentres se nega a axudar aos concellos para financiar as novas obrigas de desinfección de parques e zonas deportivas. Explica que a desinfección destas instalacións, imposta pola Xunta, supón 50.000 euros ao mes só para o Concello de Pontevedra.

 

Castro presentou hoxe en Pontevedra, xunto co concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, unha iniciativa parlamentaria que levará mañá a Comisión para reclamarlle á Xunta que empregue parte do fondo extraordinario de 7.000 millóns de euros que recibirá entre 2020 e 2021 para aliviar os custes extraordinarios dos concellos para desinfección de parques e zonas deportivas ao aire libre.

 

Esixiulle a Feijóo e ao vicepresidente Rueda que “expliquen o que están a facer con estes fondos que non repercuten na sanidade, na educación nin nas axudas aos autónomos ou empresarios e por suposto tampouco os están a destinar para aliviar a carga dos concellos”. Pregunta se “están a encher o peto da Xunta cunhas axudas que non están a repercutir na cidadanía para a que están destinadas”.

 

A parlamentaria socialista presentará esta iniciativa na Comisión de Política Institucional que se celebrará mañá mércores na Cámara autonómica a partir das 10,30 h. da mañá, na que lle reclamará ao goberno galego que explique se vai asumir parcialmente o custe das desinfeccións dos parques infantís.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro: “Rueda actuou coma o eco de Feijoo e deixa a Galicia sen a voz que merece”

O secretario xeral do socialistas galegos ve incomprensible que o presidente da Xunta se negase…

20/09/2024
  • Actualidade

Paloma Castro sinala que o últime informe da Valedora demostra que a xestión do PP na Xunta “está a debilitar o Estado do Benestar”

Alerta do aluvión de queixas pola xestión da sanidade, a educación ou a atención social…

20/09/2024
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a política fiscal “desenfocada” da Xunta provocou a perda de 300 millóns de euros de recadación en 2023 que lle perdoaron fundamentalmente á grandes fortunas

Patricia Iglesias critica o “ilusionismo fiscal” do goberno galego, que presume de baixar impostos aos…

20/09/2024
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que cubra a praza de médico en Lobios que está vacante dende hai un ano

Carmen R. Dacosta alerta das consecuencias dos recortes de Feijóo e Rueda e reivindica “un…

19/09/2024
  • Actualidade

Paloma Castro urxe á Xunta a poñer en marcha os centros de Crise 24H para garantir a atención ás vítimas de violencia sexual

Alerta de que Galicia pode perder 5,8 millóns de euros de fondos se a Xunta…

19/09/2024
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica un PSdeG con raíces galeguistas, “que xa é a verdadeira referencia da esquerda para o 50 % da poboación”

Impulsará para recuperar a Xunta o modelo de proximidade das alcaldías socialistas fronte a un…

19/09/2024