Categorías: Actualidade

A falla de iniciativas da Xunta para reactivar a economía e o emprego centrará a próxima sesión de control ao presidente da Xunta

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, empregará a próxima sesión de control ao presidente da Xunta para poñelo fronte ao espello da falla de proxecto e de medidas concretas para reactivar a economía e o emprego. Así o anunciou o viceportavoz socialista, Pablo Arangüena, logo da Xunta de Portavoces na que acusou á Xunta de “estafa á cidadanía” ao pretender empregar os fondos comunitarios para proxectos xa en marcha.

Arangüena explicou que as normas comunitarias impiden financiar proxectos en marcha, precisamente o que fai o goberno galego no listado de 10 páxinas de proxectos públicos presentados na Comisión de Reactivación –os privados foron omitidos- que “non encaixan nos fondos Next Generation UE”. Acusou ao goberno galego de “aparentar que se vai facer” cando inclúen proxectos á marxe da normativa.

Sinalou que o goberno galego incorpora a estas partidas a ampliación do CHUAC por 296 millóns de euros dun proxecto xa orzamentado que terá un custe total de 400 millóns de euros. Lamentou  que o goberno galego pretenda cadrar as contas a costa da crise, como fixeron cos 735 millóns de euros para gastos extraordinarios da pandemia entregados polo Estado, mentres o goberno galego recoñeceu un gasto de 629 millóns, 106 menos dos que recibiron.

Arangüena criticou que o goberno galego teña presentado unha sociedade público – privada para xestionar os fondos comunitarios cun 50 por cento de capital privado, onde o goberno galego deixa o control en mans dunha entidade financeira. Dixo que Feijóo “recoñece que os departamentos económicos da Xunta non funcionan”, e preguntou “para que serve o Igape”, que é o encargado da promoción económica, ou “para que serve a propia Consellería de Economía”.

Esixiulle ao presidente da Xunta que “rectifique” e “reconfigure” o este órgano para darlle cabida ademais á presenza feminina, por canto “hai cero mulleres”, demostrando unha “mentalidade machista máis propia do Século XIX”. O próximo Pleno do Parlamento incluirá unha interpelación sobre a falla de políticas activas de emprego por parte do goberno galego, que deixa sistematicamente sen executar a metade dos fondos que ten orzamentado neste sentido.

Residencias de maiores

O responsable socialista explicou que o próximo Pleno incluirá ademais unha moción socialista diante do “descontrol” as residencias de maiores de Galicia, cun 90 por cento en mans da xestión privada a pesares da falla de control por parte do goberno galego. Os socialista galegos reclaman os datos de persoas falecidas por residencia que o goberno galego está a agochar dende o comezo da pandemia.

Arangüena lembrou que teñen falecido 2.000 persoas só no caso da cadea de centros de maiores DomusVi, que é dirixida por unha conselleira delegada “amiga de Feijóo e xa vacinada de forma irregular sen ter dereito a facelo”. Criticou que “fai o que lle da a gana”, como demostrou na súa polémica comparecencia na Comisión de Reactivación do Parlamento, onde “viu a rirse de todos nós co amparo do PP”, e ratificar sen rubor que querían “facer diñeiro coidando dos maiores”.

O Grupo Socialista presentará ademais unha proposición non de Lei para reclamar a intervención do goberno galego para evitar a exclusión bancaria provocada pola reestruturación e concentración bancaria. Tamén presentarán unha proposta para esixir o reparto obxectivo de subvencións aos concellos fronte ao “manexo caciquil de fondos públicos” por parte do Executivo autonómico, cun “sesgo político evidente”.

Tamén preguntarán pola problemática de vacinacións nas mutuas privadas, pola efectividade da implantación dos códigos QR na hostalería como medida para detectar novos gromos de covid – 19, e as medidas previstas pola Xunta para evitar a retirada do mobiliario do Pazo de Meirás por parte da familia Franco.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18