Categorías: Actualidade

Julio Torrado: “non hai nada que lle impida á Xunta vacinar aos mariñeiros”

“Os mariñeiros non están vacinados porque a Xunta non os quere vacinar”. Así de tallante se amosou hoxe o portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, que acusou á Xunta de “mentir” e ca          er na “irresponsabilidade de utilizar a vacinación para confrontar” responsabilizando ao Estado, antes de lembrar que Euskadi e Cantabria xa teñen a tódolos seus mariñeiros vacinados “porque o goberno vasco así o quixo, igual que podería querer a Xunta”.

Torrado explicou que “cando Galicia decide incluír priorizar a vacinación das traballadoras do SAF é unha decisión do goberno autonómico que non tódolos gobernos están tomando e Galicia si, e ben tomada está”. Engadiu que “cando Euskadi ou Cantabria deciden vacinar aos mariñeiros tamén é unha decisión autonómica e parécenos ben”, e polo tanto, “por espello, se Galicia non os vacina é porque non o decidiu”.

O responsable socialista urxiu ao goberno galego a “deixar de utilizar argumentos espurios para confrontar e atacar ao Estado e comecen a utilizar as 100.000 vacinas que deixan cada día nas neveiras do Sergas para comezar a vacinar aos mariñeiros”.

Explicou que a ponencia de Vacinas, integrada por técnicos, un deles proposto pola Xunta, é quen decide unha proposta de vacinas, e da un marco “que as comunidades autónomas poden variar se así o consideran”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18