Categorías: Actualidade

O PP vota en contra da proposta socialista na que se reclamaba a habilitación dunha sala de espera no centro de saúde de Carballedo

O Grupo Popular votou en contra este xoves dunha proposta defendida pola vicevoceira do Grupo Socialista, Paloma Castro, na que  reclamaba á Xunta habilitar unha sala de espera “en condicións” no edificio onde se aloxa o Centro de Saúde de Carballedo (Cercedo – Cotobade). A responsable socialista defendeu en comisión parlamentaria a necesidade de “solucionar un problema que se repite en moitos centros de atención primaria e se agudizan especialmente no rural”

Castro levou ao parlamento varias iniciativas para tratar de arranxar unhas deficiencias que fan que as usuarias e usuarios se vexan obrigados a esperar na rúa para ser atendidos como acontece neste centro de saúde de Carballedo. A deputada denunciou que “á vista dos recortes a covid está sendo unha escusa máis para seguir desmantelando a sanidade pública”.

Para Castro, situacións coma a de Carballedo, “son insostibles, denigrantes e atentan contra os dereitos dos pacientes”  que na maioría dos casos, “son persoas maiores con padecementos”, lembrou. A falta de espazo neste centro “é un problema que vén de atrás” pero agora, puntualiza, coa necesidade de implementar medidas de distanciamento social pola crise da Covid “amósanse moito máis as deficiencias ata o punto, de afectar aos dereitos dos e das pacientes”, sinalou.

A parlamentaria socialista advertiu que “a imaxe é lamentable e inxustificable”, por canto “as usuarias e usuarios non teñen nin espazo para se sentar e ata levan cadeiras da casa para poder aguantar a espera”. Para a deputada do PSdeG o problema “só pode ir a peor se a Xunta non se digna a arranxalo”, porque coa chegada do mal tempo “aguantar no exterior nestas condicións sería xa insoportable”.

Deficiencias estruturais

Neste contexto, Paloma Castro denunciou que “esta lamentable situación” deriva da decisión do goberno popular “co alcalde Jorge Cubela á cabeza” de instalar o centro de saúde no edificio do multiusos do concello hai case dez anos, e a apertura do mesmo no 2015. As protestas veciñais protagonizadas polos veciños daquela “víronse acertadas co tempo”, subliñou Castro ao tempo que lembrou outros os problemas derivados desta decisión como “a ausencia de aparcadoiro, de praza de ambulancia ou a desaparición do servizo de pediatría”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18