Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para esixirlle á Xunta que faga públicos os resultados do estudo serolóxico que ten agochado

O Parlamento aprobou este xoves unha iniciativa presentada polo voceiro de sanidade do PSdeG, Julio Torrado, na que se esixe “a publicación dos datos e resultados” do estudo serolóxico da covid anunciado por Feijóo “en plena precampaña electoral”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista para esixirlle á Xunta que publique os resultados.

Torrado presentou esta iniciativa na Comisión de Sanidade celebrada hoxe, onde denunciou a ausencia de resultados meses despois, dixo, “do flamante estudo anunciado a bombo e prato nunha brillante campaña de márketing en precampaña electoral”.

O parlamentario censurou que para este estudo “do que descoñecemos criterios, utilidade e resultados”,  se empregaron 100.000 test e moitas horas de traballo de profesionais sanitarios nun momento, lamentou Torrado, “no que eses test eran moi necesarios e eses recursos humanos tamén” para traballar con eficacia na loita contra a pandemia. “Practicamente paralizouse unha boa parte do persoal de atención primaria que en condicións xa precarias de protección tiveron que facer as probas para un estudo que o tempo amosou de nula utilidade”, advertiu.

Ademais “da utilización destes valiosos medios públicos en plena pandemia”, Torrado afeou aos populares “o engano descarado á cidadanía anunciando ás portas das eleccións,  que en poucos días se publicarían os datos do estudo e meses despois nunca máis soubemos”.

“Como conclusión, só podemos sacar que ese estudo tivo como único obxectivo protagonizar minutos na TVG”, asegurou o voceiro socialista de sanidade, ao tempo en que lembrou que  os únicos resultados que transcenderon correspondentes a primeira fase do estudo, apuntaron a un desfase notorio respecto os datos dos ofrecidos polo Goberno de España no estudo estatal “moito máis coherentes e fiables segundo todos os parámetros”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a presentar un informe cos resultados definitivos do estudo serolóxico da Xunta de Galicia, con datos abertos e con plena disposición de consulta para calquera que o precise”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08