Categorías: Actualidade

O PP rexeita agora o acordo para a dragaxe do Porto Chico de Foz

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, lamentou hoxe que o PP se teña descolgado do acordo para realizar a dragaxe do Porto Chico de Foz. Así o dixo logo do debate dunha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta esta intervención necesaria por motivos de viabilidade e tamén seguridade e ata hoxe sempre fora comprometida pero nunca realizada.

A responsable socialista salientou que o PP “quitou por fin a careta” no momento en que a iniciativa socialista, encamiñada a reclamarlles “un pouquiño máis de compromiso”, poñía o ano 2021 como límite para realizar a obra. Lembrou que os dous acordos parlamentarios previos, nos anos 2018 e 2019, nunca se traduciron na realización efectiva da dragaxe.

A responsable socialista lembrou os acordos por parte do goberno galegos e dos parlamentarios do PP, que en 2010, 2013 e 2015 anunciaron a intervención, que comprende a modificación da bocana, a dragaxe e a ampliación de servizos. Sen embargo, a pasividade do goberno galego, que nunca fixo a intervención, e que nunca a incluíron nos Orzamentos da Xunta de Galicia, que é “onde se plasma a realidade dos feitos e onde se fai unha aposta decidida”.

Acusou ao portavoz do PP de “enganar” cando en maio de 2018 presumían de ter apoiado unha iniciativa do PSdeG e sinalando especificamente que Portos de Galicia “xa iniciou os estudos precisos”, o que se contradí coa emenda presentada hoxe, na que instan á Xunta “a que se inicien os estudos conforme á planificación prevista”. Preguntou “de que nos valen as iniciativas aprobadas por unanimidade” cando se basean en mentiras e que ademais incumpren.

A parlamentaria socialista incluíu na proposta de hoxe un límite temporal para esixirlle á Xunta que leve a cabo a dita reestruturación do Porto deportivo de Tupide “neste ano 2021”, e especificaba ademais a reestruturación do porto “coa modificación da súa bocana, dragaxe e ampliación de servizos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41