Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero empregará a sesión de control do Parlamento para reclamarlle a Feijóo un acordo para reforzar o sistema de vacinación

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, aproveitará a sesión de control ao presidente da Xunta da próxima semana para reclamarlle a Feijóo un acordo para reforzar o sistema de vacinación. Así o explicou o viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, logo da Xunta de Portavoces que se reuniu hoxe para acordar a orde do día do Pleno da próxima semana.

Gonzalo Caballero empregará a sesión de control para facer valer o acordo que acadou o líder dos socialistas galegos co presidente da Xunta para reforzar tanto o sistema de vacinación como a Atención Primaria galega fronte á crise da pandemia. Caballero anunciou o compromiso de Feijóo logo da xuntanza que mantiveron os dous líderes antes da Semana Santa.

Caballero sinalou esta mesma semana que os datos de vacinación correspondentes ao primeiro trimestre do ano evidencian o fiasco da xestión do goberno galego, que situou a Galicia como terceira comunidade autónoma que menos vacinas puxo entre xaneiro e marzo. Galicia só administrou o 76 por cento das vacinas, e no caso dos maiores de 80 só o 64 por cento tiñan unha dose e o 31 por cento recibiran xa as dúas a 31 de marzo.

O próximo Pleno do Parlamento incluirá tamén unha interpelación do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que modifique a polémica reforma da Lei de Saúde co obxectivo de adecuala ao marco constitucional. Os socialistas galegos consideran “necesario reformular a norma, aplicando criterios sensatos sobre as necesidades reais para afrontar a pandemia e evitar situar á lexislación galega nun limbo inestable para a súa aplicación”.

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, explicou que “Galicia non pode lexislar sobre dereitos fundamentais que son os mesmos para calquera cidadá en calquera parte do territorio nacional”.

Corrupción

O propio Arangüena defenderá unha moción para pedirlle á Xunta que rexeite “con contundencia” calquera forma de corrupción, “en particular a asociada ao partido que o sustenta”. Ademais, chama a depurar responsabilidades políticas derivadas das causas xudiciais “asociadas aos casos Gürtel, Barcenas, Kitchen, e calquera outra relacionada”.

O Grupo Socialista pide a través desta iniciativa a creación dunha “Comisión para investigar as conexións do PP de Galicia co financiamento ilegal do PP a nivel estatal” logo dos indicios derivados dos casos xudiciais que apuntan a que “o P foi dopado ás eleccións, como mínimo ata ás primeiras nas que concorreu Feijóo, en 2009” .

A sesión plenaria incluirá ademais unha pregunta para reclamarlle á Xunta un gran acordo de país sobre os fondos Next Generation, logo de que o presidente da Xunta incrementara ata 354 os proxectos previstos. Sen embargo, dixo, 247 deles carecen de respaldo de ningunha empresa, e “tampouco concretaron os 107 que din que si teñen respaldo empresarial, pero descoñecemos en que consisten nin quen está detrás”.

Os socialistas galegos presentarán unha proposición non de Lei para recuperar as valoracións da dependencia de forma presencial, reclamando así “todas as garantías que optimicen a calidade” dunha valoración fundamental para determinar os dereitos de persoas con discapacidade.

O Pleno incluirá unha proposición non de Lei para defender ao sector mar industria alimentario, así como dúas preguntas orais sobre os obxectivos marcados no Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia e sobre a fixación dunha distancia mínima suficiente entre os muíños de vento ás vivendas en Galicia, que está fixado en apenas 500 metros nos concellos de A Baña e Negreira, onde se instalarán uns muíños de 200 metros que en Alemaña son afastados a 2 quilómetros.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04