Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reivindica un “galeguismo inclusivo” que demanda 30 novas competencias para Galicia fronte á “inacción” ou o “separatismo”

O líder dos socialistas galegos ratifica o compromiso do PSdeG “coa Galicia do Estatuto e do autogoberno”

Fernández Leiceaga sinala que Feijóo está convertendo unha nacionalidade histórica nunha “nacionalidade de segunda división”, cun nivel competencial por detrás de comunidades como Valencia ou Andalucía

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, apelou hoxe ao “galeguismo inclusivo” e fixo un chamamento a reactivar as transferencias de competencias a Galicia fronte ao “separatismo nacionalista” e a “inacción conservadora”.

Así o dixo nun acto para conmemorar os 40 anos do Estatuto de Autonomía no que participaron os membros da dirección do Grupo Parlamentario Socialista e o coordinador da Interparlamentaria do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga.

“Hoxe volvemos consolidar o compromiso coa Galicia do Estatuto, do autogoberno, a Galicia inclusiva, que pon a remar a toda a cidadanía e todas as forzas políticas para conseguir a mellor política”, destacou nunha comparecencia diante do Hostal dos Reis Católicos invocando os Pactos do Hostal, que derivaron no actual Estatuto de Autonomía e que “permitiron que Galicia tivera unha autonomía de primeira, no máximo nivel competencial e que non quedara rezagada”.

Dende alí, o líder dos socialistas galegos chamou a “actualizar” o texto estatutario logo de 40 anos da súa promulgación unha vez que pase a pandemia.

“Fronte a aqueles que se situaron á marxe do Estatuto e que defenden o separatismo ou o independentismo e fronte aos máis de 11 anos de goberno do PP nos que a política de Feijóo foi a da inacción, sen asumir unha nova transferencia, nós representamos o mellor galeguismo inclusivo”, subliñou.

De feito, Gonzalo Caballero reivindicou o socialismo galego como mostra “do mellor galeguismo, o inclusivo, o que defende o Estatuto de Autonomía e que hoxe queremos refrendar”. Do mesmo xeito, puxo en valor un proxecto político que sitúa a “idea do socialismo e do galeguismo como as dúas grandes caras da referencia ideolóxica e de compromiso co país” e que derivou, por exemplo, na solicitude de transferencia da AP9 e no compromiso de rebaixar as peaxes desa autoestrada.

Ademais, o máximo dirixente do PSdeG anunciou a solicitude da transferencia de 30 novas competencias para Galicia, co obxectivo de mellorar a eficacia do goberno autonómico “mentres non sexa o momento” de reformar o Estatuto.

AMPLIAR AS COMPETENCIAS

Pola súa banda, o coordinador dos socialistas galegos no Congreso e no Senado, Xoaquín Fernández Leiceaga, advertiu que Feijóo recibiu en 2009 “unha nacionalidade histórica” que está a converter nunha “nacionalidade de segunda división”, cun nivel competencial mesmo por detrás dos estatutos reformados de Valencia ou Andalucía.

En fronte, avogou por un “reformismo en materia estatutaria” para poñer o texto “ao día”. E, mentres ese momento non chegue, defendeu explorar a marxe que deixan tanto o Estatuto como a Constitución para ampliar o nivel competencial de Galicia.

Explicou así a proposta para reivindicar 30 novas competencias para Galicia, unha iniciativa que xa fora presentada en 2019, e que inclúe competencias xa transferidas a outras comunidades autónomas ou recollidas noutros estatutos hoxe en vigor.

Demandou así para Galicia a xestión do litoral, así como as competencias de Tráfico para que a súa xestión se adecúe á dispersión poboacional, á maior idade dos condutores ou á ampla rede de estradas secundarias.

Do mesmo xeito, apostou por xestionar a Inspección de Traballo dende esta comunidade, así o Catastro ou mesmo a FP náutico-pesqueira, como exemplos de diferentes materias que requiren métodos e procedementos diferentes e adaptados ás especificidades de Galicia.

Fernández Leiceaga reivindicou o “federalismo de eficacia, que atenda aos intereses dos cidadáns”, concedendo “máis solidez ao autogoberno” ao tempo que respectando a igualdade no conxunto de España e defendendo o equilibro territorial.

Trátase -dixo- dunha vía “máis produtiva, máis útil, que permite maiores consensos e que posibilita desenvolver proxectos de máis envergadura, como a reforma do Estatuto á que non renunciamos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18